O PSdeG ve "intolerables" as represalias da dirección da TVG contra dous presentadores que participaron na folga

O PSdeG ve "intolerables" as represalias da dirección da TVG contra dous presentadores que participaron na folga

O PSdeG ve "intolerables" as represalias da dirección da TVG contra dous presentadores que participaron na folga

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage presentou unha batería de iniciativas parlamentarias co obxecto de “pedirlle explicacións urxentes” á dirección da CRTVG ao coñecerse as represalias tomadas con Alfonso Hermida e Ana Pérez, presentadores da TVG, que participaron nunha xornada de folga o luns día 10.

Lage Tuñas destacou hoxe que “ademais de solidarizarnos cos xornalistas que veñen de sufrir as represalias, o que faremos é pedir explicacións urxentes á dirección da TVG e demandar a súa comparecencia no Parlamento”.

O deputado do PSdeG cree que “os que tomaron a decisión dende a TVG deben ser cesados pola súa acción de “vendetta” contra uns profesionais que só estaban exercendo o seu dereito á folga e facendo uso da súa liberdade de expresión”.

Lage Tuñas ve “intolerables” as represalias da dirección da Tvg contra dous presentadores dos informativos da canle pública, e afirma que “tanto Alfonso Hermida como Ana Pérez son un exemplo para moitos xornalistas en Galicia, pola súa profesionalidade e tamén por defender a súa profesión”.

Liberdade

O deputado socialista defende “a liberdade” dos xornalistas para loitar polos seus dereitos laborais e ve “nauseabundas as prácticas da TVG” cando toma a decisión de apartalos do especial informativo que se realizará concretamente o 20-N, día no que se celebran as eleccións xerais.

”Atacan a dous profesionais dos medios de comunicación nun acto de vendetta. O dereito á liberdade de expresión e á defensa dos dereitos laborais é sagrado” explica José Manuel Lage.

O deputado do PSdeG entende que “a dirección da TVG está actuando como unha extensión do goberno galego e do Partido Popular que dirixe Núñez Feijóo”.

Reforma dos medios

Lage Tuñas considera “imprescindible facer efectiva a reforma dos medios públicos e rematar coa manipulación e o mangoneo por parte do goberno galego”.

Engadiu que “a reforma da CRTVG non ten volta atrás, inclúe unha nova gobernanza, a introducción de maiorías cualificadas e de responsabilidades penais para os xestores no caso de desviacións orzamentarias ou mala xestión, protexe a lingua galega e o noso patrimonio cultural e dota aos profesionais dun consello de redacción que evite calquera tentación de dirixismo político.”

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

  1. xx
    Outubro 15, 2011 a 09:57

    vexo que o PSdeG está a prol da liberdade de expresión e decide deixar os comentarios no aire par que os leve o vento, no lugar de publicalos

Deixar a resposta

Pechar