O PSdeG ve confirmado que Feijóo “ampara o caciquismo” que se practica nas deputacións de Pontevedra e Ourense

O PSdeG ve confirmado que Feijóo “ampara o caciquismo” que se practica nas deputacións de Pontevedra e Ourense

O PSdeG ve confirmado que Feijóo “ampara o caciquismo” que se practica nas deputacións de Pontevedra e Ourense

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista Jose Manuel Lage Tuñas constatou que Núñez Feijóo “ampara o caciquismo” que se practica nas Deputacións de Pontevedra e Ourense.

O deputado socialista fixo esta afirmación no debate do Pleno do Parlamento, no que interveu para defender unha moción sobre as relacións entre a Xunta de Galicia e as Deputacións de Pontevedra e Ourense no ámbito da función pública.

Reclamoulle ao PP que rexeite estas practicas clientelares e caciquís. Lage Tuñas considera que “Feijóo ao igual que Poncio Pilatos lávase as mans e mira para outro lado porque non ten intención de cambiar as prácticas clientelares de Pontevedra e Ourense”.

Lage recordou tirando de hemeroteca que “Feijóo dixo en Febreiro de 2009 que ía acabar co caciquismo e o clientelismo nun só día. O seu compromiso coa rexeneración democrática quedou en papel mollado. Non ten a mínima intención”.

“Saben cal é o motivo polo que non apoiarán a nosa moción pois porque o Sr. Feijóo quedaría en minoría neste parlamento, por iso non votarán a favor” dixo José Manuel Lage aludindo a posición propia que teñen os ourensáns dentro do PPde Galicia.

A proposta socialista foi rexeitada finalmente polo Partido Popular

Lage Tuñas explicou na tribuna do Parlamento que “dende o PSdeG-PSOE demandamos da Xunta de Galicia o control da legalidade nos procesos selectivos de acceso ao emprego público nas deputacións de Pontevedra e Ourense”. E insistiu nas súas criticas “pedimos que se rexeiten as prácticas clientelares e caciquís que se veñen producindo nos procesos de acceso ao emprego público nas Deputacións de Pontevedra e Ourense”.

O deputado advertiu na súa intervención que “non hai diferencias entre o PP de Feijóo e o PP de Louzán e Baltar, son o mesmo PP”.O portavoz da área institucional do Grupo Socialista tamén dixo que aínda non escoitou nin veu ao Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda “desmentindo os datos que teñen denunciado diante da Fiscalía os compañeiros/as do PSdeG de Ourense respecto ás contratacións na Deputación Provincial”.

Lage Tuñas proseguiu coa súa intervención sinalando que “Feijoo é un escudo protector destas practicas xa que consinte e ampara estes feitos, tanto na Deputación de Pontevedra coma na Deputación de Ourense”.

Amparo ao transfuguismo

O deputado socialista tamén fixo alusión ao apoio de Núñez Feijoo a 3 tránsfugas nun recente acto electoral. E citou ao candidato do PP en Rairiz de Veiga (que é alcalde polo BNG), o candidato do PP en Calvos de Randín (que promoveu unha moción de censura baixo as siglas do PSOE para poñer a un alcalde do PP), ou a Alcaldesa de Porqueira (que presentou baixo as siglas do PSOE e agora é candidata polo PP).

E resumiu “dende o PP fan unha utilización perversa da Lei da Función Publica para practicar o enchufismo puro e duro, e Rueda e Feijóo son cómplices de seguir consentindo malas prácticas na función pública, e non exercer o control de legalidade que lle corresponde á Xunta de Galicia”, proclamou.

A nula credibilidade de Rodríguez Miranda (PP)

Lage Tuñas tamén respondeu dende a tribuna á intervención do voceiro popular, Antonio Rodríguez Miranda (PP), e recordoulle que "aínda non presentou a día de hoxe ningunha proba sobre a acusación de quitar pola porta de atrás 640.000 euros para financiar campañas electorais do PSOE". E engadiu que iso levábao a ter nula credibilidade, “sigue a liña aberta polo seu xefe xerárquico o sr. Rueda, pero non é capaz de poñer unha soa proba enriba da mesa”.

Ao mesmo tempo José Manuel Lage doulle datos dende a tribuna sobre a presencia de concelleiros/as do PP traballando na Deputación de Ourense como contestación ao requirimento do deputado Antonio Rodríguez Miranda.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar