“O PSdeG vai seguir traballando en agosto porque hai un goberno e un presidente en Galicia que decidiron abandonar as súas responsabilidades”

“O PSdeG vai seguir traballando en agosto porque hai un goberno e un presidente en Galicia que decidiron abandonar as súas responsabilidades”

“O PSdeG vai seguir traballando en agosto porque hai un goberno e un presidente en Galicia que decidiron abandonar as súas responsabilidades”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciou que “o PSdeG vai seguir traballando activamente durante o mes de agosto, a través das súas estruturas provinciais, porque hai un goberno en Galicia que decidiu abandonar as súas responsabilidades”.

Fixo estas declaracións logo de manter unha reunión de traballo e coordinación de cara ás vindeiras eleccións xerais. Unha reunión á que asistiron os secretarios Xerais das catro provincias, xunto cos secretarios de Organización, de Acción Electoral e de Política Municipal, así como membros da Comisión Executiva Permanente.

Neste senso, Pachi Vázquez sinalou que “nesta reunión establecemos unha proposta organizativa, que vai ter continuidade nas catro provincias galegas durante o mes de agosto, durante o cal as estruturas provinciais van a abordar a situación política en cada provincia para facer propostas que trasladaremos a Madrid de cara á próxima conferencia política e ao programa electoral das vindeiras eleccións xerais”.

O líder dos socialistas adiantou que “o 29 de agosto haberá unha xornada de traballo en Galicia, onde os coordinadores da vindeira Conferencia Programática, que terá lugar en setembro, recollerán eses traballos para facer unha proposta unánime, buscando un compromiso claro e concreto, identificando os problemas dos galegos para darlle forma e solución”.

Deste xeito, apuntou que “os socialistas estaremos traballando ao 100%, xa que temos un goberno autonómico que está ausente, dando bandazos e enganando aos cidadáns”.

Neste senso, Pachi Vázquez denunciou o engano orzamentario de Feijoo cando aprobou os presupostos deste ano. “Nas actas do Parlamento segue constando que tódolos grupos políticos lle dixemos con claridade que eses 243 millóns de euros que aparecían no orzamento eran mentira”, lembrou o líder dos socialistas. Engadiu ademais que “Feijoo negouno e a consecuencia daquel engano orzamentario é que dende onte Galicia vai ter máis débeda e menos orzamento”.

Vázquez recalcou que “sen embargo, a gran mentira de Feijoo foi dicir que non ia facer recortes en sanidade e educación, porque sí os vai facer”. Neste senso lembrou que “o longo dos dous últimos anos Feijoo recortou a sanidade e a educación en máis de 400 millóns de euros; non hai mais que ver os orzamentos de 2010 e 2011”.

O líder dos socialistas denunciou que “Feijoo fai unha cousa e di a contraria, xa que onte o que fixo en realidade foi anunciar un novo recorte sanitario e educativo, de maneira que o engano do Goberno galego xa ten prezo, 243 millóns de euros”.

Por outra banda, salientou que “o Executivo autonómico está maquillando a realidade do noso pais, negando a crise, cando en Galicia vivimos unha situación de crise que é o dobre da de España”. Deste xeito chamou a atención sobre que “non saíu ninguén da Consellería de traballo a dar os datos, logo de acusalos de ocultar a 7.000 parados nas listas do mes pasado”.

Nese senso, Pachi Vázquez lembrou que “levan ocultado a 42.000 parados nos últimos meses, cunha cláusula que xa denunciamos no Parlamento, e que o goberno segue mantendo en silencio”. “Ao goberno de Feijoo so lle preocupa a política de superficie, o maquillaxe electoral e a mentira se converte así nunha ferramenta”, denunciou.

Aproveitando a presenza de Rajoy en Galicia, o líder dos socialistas esixiulle que “sexa leal e comprométase cos intereses de España, pero particularmente con Galicia”. Deste xeito lembrou que “Rajoy non abriu a boca nestes últimos días aos desafíos de compromiso sobre o AVE, sobre infraestruturas e políticas sociais”. “A súa resposta é o silencio, isto é un elemento indicativo de que o PP neste intre só ve a Galicia como un graneiro de votos e non ten un compromiso de pais”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar