O PSdeG tilda a Feijóo de “cínico e farisaico” por apoiar a reforma da Lei do Aborto

O PSdeG tilda a Feijóo de “cínico e farisaico” por apoiar a reforma da Lei do Aborto

O PSdeG tilda a Feijóo de “cínico e farisaico” por apoiar a reforma da Lei do Aborto

Méndez Romeu acusa a Feijóo de “mentir” para agochar que “queren unha estrutura patriarcal porque temen a liberdade plena das mulleres”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou hoxe a Feijóo de “cínico e farisaico” por apoiar a reforma da Lei do Aborto de Rajoy e Gallardón. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento de Galicia, na que acusouno de “mentir” para agochar que “queren unha estrutura patriarcal porque temen a liberdade plena das mulleres”.

Advertiu que a reforma legal que quere aprobar o PP de Feijóo “levará a moitas mulleres ás clandestinidade” a ter que abortar en “condicións humillantes en mans de persoas sen escrúpulos, volverán as mulleres desangradas por prácticas abominables”. Mentres, criticou que o presidente da Xunta propoña que “para as que poden, -intervencións en- Francia e Portugal, para as que non, un castigo e un inferno burocrático”.

Méndez Romeu acusou a Feijóo de “mentir” ao anunciar que queren volver á Lei “de supostos” de 1985 cando a realidade é que daquela “a recorreron ante o Tribunal Constitucional e a confrontaron permanentemente, nunca a apoiaron”. Ademais, tamén o desmentiu explicando que coa Lei de 2010 as rapazas de 16 e 17 anos están obrigadas a informar aos pais ou titores agás en casos con risco de violencia ou desamparo.

Méndez romeu sinalou que “os votos dan o poder pero non dan razóns nin argumentos” xa que “a maioría non da ningunha razón superior para impoñer unha visión ideolóxica, dogmática ou mesmo moralista”. Acusou ao PP de buscar o regreso ao “nacionalcatolicismo máis rancio da historia de España, que será con Malta, Polonia e Irlanda os únicos lugares de Europa nos que os gobernos dependen do púlpito”.

A realidade, dixo, é que “queren mulleres dependentes da vontade de terceiros, de médicos ou de psiquiátricas” e espetoulle que as mulleres “nin son enfermas mentais nin están diminuídas” e puntualizou que “a maternidade é un asunto que corresponde en exclusiva á muller, e non cabe ningunha outra inxerencia”. Acusou ao PP de impoñer unha “estrutura ideolóxica patriarcal porque temen a liberdade plena das mulleres”.

Méndez Romeu advertiu que o PP quere reformar a Lei para “obstaculizar o dereito da muller á libre elección con supostos, condicións e trámites, e obrigalas a confesar os motivos coma si estiveran delinquindo, queren dicir non a moitas mulleres”. Esixiulles que “abandonen a posición sectaria e respalden a Lei vixente” xa que “non existe conflito social nin unha demanda da maioría social” para reformar a lexislación.

Oposición frontal

O responsable socialista lembrou que o PP xa se opuxera en 1985 á primeira Lei do Aborto para establecer unha Lei “de supostos”, recorréndoa ante o Tribunal Constitucional, malia o que “durante 25 anos foi posible legalizar unha necesidade social”. Esta cobrouse, dixo, “o prezo terrible de numerosos procesos impulsados polos dirixentes do PP contra mulleres e médicos”.

De novo un goberno socialista, esta vez en 2010, puido cambiar a Lei para establecer unha norma “de prazos”, que de novo tivo a oposición frontal do PP e de novo foi recorrida ante o Constitucional. A proposta impulsada polo goberno do PP esta vez, dixo, impón “un sistema limitador, sumamente restritivo e cheo de condicións disuasorias e mesmo vexatorias para a dignidade das mulleres”.

Méndez Romeu comparou á dereita española coa situación de Francia, onde hai 40 anos os conservadores impulsaron unha Lei de prazos que segue vixente a día de hoxe. O mes pasado, lembrou, o goberno progresista eliminou desta Lei, co apoio da dereita, unha mención ao concepto “de supostos” que “crean anguria ou desamparo e son considerados inaceptables na sociedade actual”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar