O PSdeG súmase á denuncia dos Colexios de Médicos ante os recortes do Goberno de Feijóo na sanidade pública

O PSdeG súmase á denuncia dos Colexios de Médicos ante os recortes do Goberno de Feijóo na sanidade pública

O PSdeG súmase á denuncia dos Colexios de Médicos ante os recortes do Goberno de Feijóo na sanidade pública

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, expresou hoxe o apoio dos socialistas galegos á denuncia dos Colexios de Médicos ante os recortes da sanidade pública, unha situación que o PSdeG ven denunciando reiteradamente.

Fernández acusou ao PP de “dinamitar” o sistema sanitario público con recortes “xeralizados, arbitrarios e carentes de criterio” e criticou que “en só tres anos de Goberno de Feijóo, o orzamento destinado a sanidade diminuíu en Galicia máis dun 10%”.

“Con elo a Consellería de Sanidade está a poñer en risco a calidade asistencial do servizo galego de saúde”, advertiu.

Lembrou que o anterior goberno socialista incrementou nunha lexislatura os orzamentos de Sanidade nun 28%, dado que Galicia tiña ata ese momento unha das peores porcentaxes de investimento en sanidade por habitante.

Lamentou que, pola contra, “o Goberno do PP aproveitou a xustificación da crise para facer o maior recorte orzamentario de todo o Estado, mentres outras comunidades si apostaron por manter os orzamentos para sanidade pública”.

Fernández lembrou así que entre as primeiras medidas adoptadas polo Goberno de Feijóo incluíuse o peche dos quirófanos polas tardes, “o que ocasionou un incremento sen precedentes nas listas de espera da nosa comunidade”.

Denunciou que os recortes foron aumentando “de xeito que xa afectan á substitución de persoal sanitario, eliminación de contratos e descenso de plantilla. Un deterioro das condicións laborais do persoal sanitario que está a provocar a merma da calidade asistencial, tal e como hoxe denuncian os Colexios de Médicos”, sinalou o responsable socialista.

“Mentres os profesionais denuncian as deficiencias que están a provocar estes recortes na sanidade pública, Feijóo e a actual conselleira de Sanidade, ao igual que a anterior, seguen negando a realidade”, engadiu.

Fernández reiterou o apoio do socialismo galego a calquera medida que sexa útil para manter o sistema sanitario público, e advertiu que o PSdeG seguirá “a traballar na defensa da sanidade pública e a denunciar todos os recortes que ocasionen unha diminución da calidade asistencial que debe rexer nunha sanidade universal, pública e gratuíta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar