O PSdeG solicita unha Comisión de Investigación sobre a xestión de NCG

O PSdeG solicita unha Comisión de Investigación sobre a xestión de NCG

O PSdeG solicita unha Comisión de Investigación sobre a xestión de NCG


A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, anunciou a solicitude dunha Comisión de Investigación para “analizar e depurar ata o final tódalas responsabilidades políticas e de xestión de NCG Banco”. A responsable socialista esixiu á Xunta que explique “por qué non interveu nin informou” dos contratos de alta dirección da entidade.

Explicou que os socialistas reclamaron a Comisión de Investigación “porque queremos que os galegos e galegas saiban qué pasou, cómo foi posible pasar de ter unha institución forte –como dicía o goberno galego- a perder a caixa galega”. Reclamou clarificar e depurar “tódalas responsabilidades, coas da Xunta en primeiro lugar –porque ten a labor de tutela legal efectiva-, dos responsables da xestión e tamén do supervisor”.

Caride preguntou “cómo é posible” que Feijóo estivera na foto “entrelazado” coas directivas das entidades fusionadas “compartindo un proceso de futuro hoxe diga que non sabe nada”. Sinalou que “si era o líder do camiño de futuro de NCG tamén é hoxe o responsable porque o di así a Lei, porque si exerce as súas competencias na Comisión de Control ten que explicar por qué o seu representante consentiu estas irregularidades”.

Lembrou a responsabilidade do presidente da Xunta sobre a situación dunha entidade que presentaba hai un ano como “forte e sen problemas” e “hoxe di que non sabe nada”. A responsable socialista sinala que “a realidade é diferente” porque a Xunta ten un membro na Comisión de Control da entidade que debera supervisar e controlar os acordos do Consello de Administración e denunciar as situacións irregulares, e que ten acceso a toda a información, a todos os contratos e a todos os acordos.

Dixo así que o Goberno galego ten “toda a información” polo que “terá que dicir por qué non paralizou nin denunciou” os contratos de alta dirección “ata que apareceron nos medios”. Sinalou que “non se pode seguir coa estratexia do goberno galego de botar balóns fora e dicir que eu pasaba por aquí e non sabía o que estaba ocorrendo” mentres os altos cargos modificaban as súas cláusulas á alza.

Esta solicitude, asinada polos 25 deputados e deputadas socialistas na Cámara autonómica –o requisito mínimo é de 15 deputados ou dous grupos-, responde á “conmoción social” xerada logo da desaparición da caixa galega mentres os xestores “marchan cos petos cheos” e o goberno da Xunta non da explicacións.

A portavoz de Facenda e Orzamentos salientou a “gravidade” de que os altos cargos obteñan “en torno a 30 millóns de euros” cando a entidade disporá só de 6 millóns para obra social en 3 anos.

Toma de decisións

Os socialistas galegos reclamaron á Xunta que “tome decisións xa”, polo que presentaron tamén unha serie de iniciativas parlamentarias para que o Goberno galego “aparte de tódolos organismos que teñen dependencia coa Fundación NCG a todas aquelas persoas responsables desta situación pola súa xestión”. Dixo que “a sorpresa é maiúscula cando aínda andan por aí persoas que non deron explicacións”.

Reclamou unha actuación “contundente” para responder a unha cidadanía “indignada e conmocionada por unha situación inmoral” e que esixe “medidas para que a situación se aclare, se depure e non se volva a repetir”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar