O PSdeG solicita que se analicen as sinerxias entre o sector naval e o enerxético para desenvolver plataformas eólicas e solares

O PSdeG solicita que se analicen as sinerxias entre o sector naval e o enerxético para desenvolver plataformas eólicas e solares

O PSdeG solicita que se analicen as sinerxias entre o sector naval e o enerxético para desenvolver plataformas eólicas e solares

O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Luis Toxo rexistrou unha proposición no Parlamento na que reclama ao Goberno de Feijoo analizar a viabilidade das sinerxías entre o sector naval e o sector enerxético para a posta en marcha de proxectos de enxeñería naval encamiñados á construción e aproveitamento de plataformas offshore dedicadas á xeración de enerxía eólica e solar.

Toxo tamén solicita promover un Centro de I+D+i na comarca de Ferrol dedicado á enxeñería e a construción navais e con especialización nas infraestruturas offshore flotantes e as súas posibles funcións.

O parlamentario socialista pide crear ou integrarse nos grupos e proxectos de I+D+i actualmente abertos e en marcha nos que participan importantes empresas do sector, poñendo recursos humanos e materiais dispoñibles, á súa disposición, e cedendo concesións,exencións fiscais e instalacións desaproveitadas para instalacións experimentais.

Na iniciativa rexistrada o deputado explica que as comarcas de Ferrol e Vigo contan cun dos mellores “know how” de Europa en canto a enxeñería e construción naval. Sinala que é unha comarca que conta coas infraestruturas e o persoal necesarios para afrontar e desenvolver, coa máxima profesionalidade, rapidez e eficacia, calquera das fases constituíntes do proceso de deseño, construción e utilización de buques e tamén de plataformas flotantes dedicadas á explotación de recursos “offshore”.

Subliña que dende o PSdeG-PSOE “cremos que este “know how” precisa poñerse en valor, facendo necesario un reposicionamento da oferta galega, a través dun mellor aproveitamento dos recursos e potencialidades que estas comarcas poden ofrecer. E insiste na súa argumentaron “Galicia leva apostando tempo pola carta principal da construción”, e advirte “que é o conveniente reorientar a oferta de cara á integración dos procesos”.

Reorientación do sector da construción naval

Así as cousas asevera que unha das posibilidades máis certas para a posta en marcha deste reposicionamento e reorientación do sector da construción naval galego apunta ao sector enerxético; mentres a enerxía maremomotriz non saia da actual fase experimental na que se atopa, mentres continúe aumentando a demanda enerxética, e mentres o impacto medioambiental das centrais hidroeléctricas segue a ser alto e dificilmente asumible, aparece no noso horizonte a elevada capacidade de xeración eólica en emprazamentos mariños.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar