O PSdeG sinala que as políticas de Feijóo provocan que máis da metade das familias galegas cheguen con dificultades a fin de mes

O PSdeG sinala que as políticas de Feijóo provocan que máis da metade das familias galegas cheguen con dificultades a fin de mes

O PSdeG sinala que as políticas de Feijóo provocan que máis da metade das familias galegas cheguen con dificultades a fin de mes

Carmen Gallego denuncia un “recorte transversal ás familias” dende tódolos departamentos do goberno galego

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo que as políticas de Feijóo están a provocar que mais da metade das familias galegas cheguen con dificultades a fin de mes. Así o dixo no debate dunha interpelación na que denunciou o “recorte transversal ás familias galegas” dende tódolos departamentos da Xunta.

Gallego explicou que hoxe o 55,55 por cento das familias teñen moitas dificultades para chegar a fin de mes, un problema ao que a Xunta de Feijóo engade “os repagos en sanidade, medicinas, dependencia ou nas escolas infantís”. Ao mesmo tempo reducen os orzamentos do Plan Concertado de Servizos Sociais, suprimen axudas, residencias ou centros de día e eliminan a teleasistencia.

Lembrou que o goberno de Feijóo ten suprimido a gratuidade dos libros de texto e reducen as contratacións de investigación, as bolsas de estudos ou as pensións, e “mentres presumen de descontos en escolas infantiles a realidade é que os prezos increméntanse de xeito brutal”.

Denunciou que a única resposta do goberno galego é un Plan de Dinamización Demográfica “moito peor que o de Fraga” xa que “só contempla unha partida de 640.000 euros para facer unha campaña de publicidade”. Gallego criticou que logo de ano e medio de traballo o PP só deixou un debate de media hora no Parlamento para aprobar o Plan sen as aportacións dos grupos parlamentarios.

A portavoz de Políticas Sociais dixo que o goberno galego aplica unhas políticas que “en lugar de axudar implanta medidas de xeito transversal que fan que as familias cada vez o pasen peor”.

Emprego

Carmen Gallego criticou que o goberno de Feijóo ten provocado unha suba do paro nun 70,31 por cento dende 2009, mentres no resto do Estado subiu un 47,22 por cento, e no que vai de lexislatura hai 13.100 galegos e galegas mais sen traballo, un 4,96 por cento, mais do dobre que no resto do Estado, ata chegar a un total de 268.225 persoas desempregadas.

A responsable socialista acusou ao goberno do PP de ter provocado unha caída do custe laboral por traballador para garantir “mais exportacións a costa de ter salarios mais baixos” e, dixo, “eu non quero ser Indonesia”, para sinalar que a Xunta está a implantar en Galicia unha economía propia de países en vías de desenvolvemento.

Explicou que a realidade é que en Galicia aumentan os cidadáns mais ricos mentres aumenta o número de fogares con tódolos seus membros en paro ata 89.200, o dobre que en 2009, e os fogares sen ingresos aumentan ata os 31.400.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar