O PSdeG sinala que o Tribunal de Xustiza da UE constata que o céntimo sanitario de Feijóo “nin era céntimo nin era sanitario”

O PSdeG sinala que o Tribunal de Xustiza da UE constata que o céntimo sanitario de Feijóo “nin era céntimo nin era sanitario”

O PSdeG sinala que o Tribunal de Xustiza da UE constata que o céntimo sanitario de Feijóo “nin era céntimo nin era sanitario”

Méndez Romeu sinala que a Xunta ten que devolver entre 9.000 e 16.000 euros a cada transportista galego pero manterá o imposto aos carburantes

Esíxelle a Feijóo que dea conta de cómo afectou sobre a sanidade os 53 millóns de euros recadados este ano con esta taxa

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE –TXUE- declarando ilegal o “céntimo sanitario” constata que o imposto aplicado por Feijóo en 2014 “nin era céntimo nin era sanitario”. Os socialistas galegos presentaron unha batería de iniciativas e levarán ao próximo Pleno a devolución desta recadación irregular.

Méndez Romeu explicou que, tal e como sinalou o presidente da Xunta onte, os carburantes seguirán co mesmo prezo en Galicia porque o goberno galego aplicou un recargo que nada tiña que ver co céntimo sanitario. Criticou que tanto o presidente como o vicepresidente e a conselleira de Facenda tiveran reiterado no debate dos orzamentos que a recadación estaría dedicada á sanidade pública.

O responsable socialista sinalou que o goberno galego ten previsto recadar en 2014 un total de 53 millóns de euros que “supostamente ían destinar á mellora do financiamento da sanidade”. Cualificou estes anuncios de “eufemismo” logo de que reducira o orzamento de sanidade en 35 millóns de euros nos orzamentos de 2014, situando o orzamento en 370 millóns por debaixo do que había no ano 2009, cando Feijóo chegou á Xunta.

Os socialistas galegos esíxenlle agora ao presidente da Xunta que cumpra coa emenda presentada polo PSdeG e aprobada no debate dos orzamentos para que a Xunta explique no Parlamento como afecta á sanidade este incremento da recadación.

Transportistas

Ademais, anunciou que o próximo Pleno do Parlamento incluirá unha iniciativa socialista para que a Xunta explique “como vai levar adiante esta devolución e como afectará aos transportistas”.

Apuntou que o goberno galego ten recadado un total de 667 millóns de euros cobrados nos hidrocarburos en concepto do céntimo sanitario, dos que os transportistas “agardan percibir 164 millóns de euros”. De acordo coas asociacións do sector, cada transportista deberá percibir entre 9.000 e 16.000 euros do goberno galego.

Lembrou ademais a falla de preocupación e a “insensibilidade” amosada polo presidente da Xunta co sector, logo de que no último debate de orzamentos rexeitara dúas emendas socialistas para reintegrar a contía íntegra cobrada por este imposto, e para poñer en marcha un novo Plan PIVE de renovación da flota do transporte. Ademais, reclamoulle que explique “por que segue sen querer recibilos en San Caetano”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar