O PSdeG sinala que as palabras do presidente de México constatan que non hai contratos asinados con PEMEX e advirte a Feijóo que “non pode seguir pedindo actos de fe aos cidadáns”

O PSdeG sinala que as palabras do presidente de México constatan que non hai contratos asinados con PEMEX e advirte a Feijóo que “non pode seguir pedindo actos de fe aos cidadáns”

O PSdeG sinala que as palabras do presidente de México constatan que non hai contratos asinados con PEMEX e advirte a Feijóo que “non pode seguir pedindo actos de fe aos cidadáns”

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, sinalou que as declaracións do presidente de México sobre os contratos de Pemex “lonxe de despexar as dúbidas acentuounas máis” xa que se referiu á vontade de “continuar as xestións”. “Se hai que continuar as xestións e concretar o acordo de compra, como dixo Enrique Peña Nieto, isto quere dicir que non hai contratos asinados neste momento, e non hai máis voltas que darlle”, sentenciou.

Nunha rolda de prensa xunto á candidata da comarca de Ferrol, Beatriz Sestayo, García lamentou que Feijóo estea a converter este asunto “nun vodevil”. Destacou que os socialistas galegos “temos o máximo interese en constatar canto antes a construcción dos buques e a creación de postos de traballo, pero os buques non se constrúen con mentiras”.

Lembrou que Feijóo “interrompeu a programación da televisión pública de Galicia para retransmitir a sinatura dun contrato con Pemex, pero se hai que continuar as xestións, isto quere dicir que o que se asinou non era un contrato, era non se sabe que”.

“O que está a pedir Feijóo é un acto de fe, como fixo cando anunciou a fábrica de baterías de Mitsubishi ou a fábrica de coches eléctricos en Ourense, onde incluso se chegaron a recoller currículums para ocupar os postos de traballo que se ían crear”, apuntou García. “Tres anos e medio despois, non hai nada de nada, así que máis actos de fe e mais enganos aos galegos e galegas, non”, sentenciou.

Beatriz Sestayo lembrou que sucedeu o mesmo coas promesas electorais do dique flotante ou dos 34 quimiqueiros, que se demostraron un fracaso. Criticou ademais que Feijóo, coas súas mentiras e enganos, “está disposto a xogar coas esperanzas dos traballadores do naval por un puñado de votos” e sinalou que Ferrol e o sector naval “son o resumo dunha gran mentira do PP”.

Mentiras mediáticas

Apuntou que as “mentiras mediáticas” do PP “xa veñen de lonxe, porque precisamente co comezo do xuízo do Prestige todos podemos recordar o que se dixo”. Engadiu que Feijoo “iniciou a campaña das autonómicas do 2009 anunciando un centro de reparacións para o naval que ía crear 2.000 postos de traballo, e o que existe hoxe é un solar onde non se construíu nada, e 2.000 traballadores despedidos”.

Lembrou tamén o anuncio do dique flotante, que fixo o PP na campaña das eleccións xerais. “Feijóo era o garante persoal deste compromiso, e o conselleiro Guerra apareceu cun estudio que dicía que Rajoy empezaría a construílo o mesmo día que chegase ao goberno. O que vemos hoxe é que a dotación orzamentaria dos orzamentos xerais do Estado para o dique flotante son cero euros”.

Por elo, considerou que os contratos de Pemex son “una nova distracción” ao igual que foi o acordo anunciado de 34 quimiqueiros “que logo se foron para Corea”.

Sestayo lembrou que o primeiro anuncio de Feijóo foi que con estes contratos se crearían 3.000 postos de traballo, “cando en realidade para construír dous floteis os empregados necesarios serían ao redor de 300”. E logo, “o que nos vendeu como un contrato asinado resultou ser un acordo sometido a condicións suspensivas”, apuntou, e ademais “resulta que hai 21 ofertas para facer estes floteis, entre elas a da filial PMI, que é a que propón a construcción dos floteis en Galicia”.

Sinalou que “habendo 21 ofertas, Feijóo comete a enorme irresponsabilidade de crear un culebrón en torno a este tema, en vez de dedicarse a traballar para presentar a oferta máis vantaxosa para que Galicia teña o contrato”.

A candidata socialista explicou que, dado que o PP afirma que non se poden amosar os contratos por confidencialidade, o grupo parlamentario do PSOE no Congreso pediuno na Comisión Oficial de Secretos do Estado, pero aínda así “seguen sen amosalos”.

“Esta é a realidade dun preacordo con cláusulas suspensivas que non se poden coñecer. Se non se poden coñecer nos preguntamos por que e cremos que non ten que ver cun secreto oficial do estado, senón co interese electoral”, sentenciou.

Para Sestayo “isto non é máis que un tento de desviar a atención sobre os numerosos incumprimentos de Feijóo co sector naval” e subliñou que “cando os socialistas cheguemos ao goberno o primeiro que faremos será que as xestións con Pemex sexan totalmente transparentes e traballar para conseguir o dique flotante”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar