O PSdeG sinala que a Xunta eludiu enviar ao Parlamento os contratos asinados coas empresas de Marcial Dorado de cando Feijóo era alto cargo de sanidade e amigo do narcotraficante

Méndez Romeu amosa o seu “asombro ao comprobar que falla a metade da documentación solicitada”

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu hoxe que a Xunta eludiu remitirlle a este grupo parlamentario a metade da documentación solicitada sobre os contratos asinados pola Xunta co narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado.

O responsable socialista advertiu que, logo de ter recibido a documentación con 24 horas de retraso logo de supostamente ter sido enviada dende a Xunta e de que fora posta en coñecemento dos medios de comunicación, “comprobamos con asombro que falla a metade da solicitada”.

Explicou que en concreto o goberno galego evitou entregar “toda a documentación referida á Consellería de Sanidade da que Feijóo era director xeral mentres frecuentaba a amizade de Marcial Dorado”.

Insistiu na “insoportable tolerancia” amosada por Feijóo cara a corrupción así como polo “desprezo cara ao Parlamento que representa que logo de un ano mais da metade dos documentos solicitados polos socialistas dende o Parlamento non teñan sido facilitados”.

Méndez Romeu advertiu que os socialistas galegos “seguiremos insistindo ata coñecer toda a información sobre a relación económica do goberno galego coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo” e que, “a pesares de que o presidente anuncia unha e outra vez a súa disposición a ofrecer transparencia, a realidade é que unha e outra vez tenta enganar e agochar a verdade á luz pública”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar