O PSdeG sinala que a Lei de Emprendemento supón “desregulación e facilitar a volta á selva para facer negocios”

O PSdeG sinala que a Lei de Emprendemento supón “desregulación e facilitar a volta á selva para facer negocios”

O PSdeG sinala que a Lei de Emprendemento supón “desregulación e facilitar a volta á selva para facer negocios”

Abel Losada desminte que apoie a actividade económica cun investimento irrelevante de tan só 37 euros por emprendedor

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que a Lei de Emprendemento da Xunta en realidade “facilita a volta á selva” da desregulación para facilitar “algúns negocios”. O responsable socialista anunciou o voto en contra dos socialistas galegos ao proxecto de Lei que foi debatido hoxe no Pleno do Parlamento.

Losada explicou que o texto ten unha “axenda oculta” dirixida a “saltarse cuestións de protección medioambiental, ordenación urbana, protección do medio rural, seguridade industrial e comercio interior. Dixo que o obxectivo consiste en “facer desaparecer ou minguar os mecanismos de control por parte da administración”.

O responsable socialista criticou a irrelevancia das axudas fiscais previstas pola Lei, que supoñen apenas 37 euros por emprendedor, mentres “renomean e reempaquetan fondos que xa existen, exiguos e minguantes”. Así, considerou imposible o obxectivo de incrementar nun 60 por cento o número de emprendedores, porque “nun país con 218.500 autónomos non pode haber 130.000 emprendedores”.

Lembrou que a política do goberno galego dificulta a creación de novas empresas recortando o orzamento do Igape de 300 a 82 millóns de euros nun entorno de “seca crediticia” por parte do sector privado. Considera “incomprensible” que o goberno do PP “deixe languidecer e matan de inanición os instrumentos públicos de financiamento no momento en que os instrumentos privados están paralizados”.

Queixa formal

Abel Losada advertiu que o goberno galego busca “propaganda” presentando esta Lei, como demostra que a ponencia que debateu as emendas “durou apenas 3 minutos” por imposición do PP. ademais, lembrou que foi presentada polo presidente da Xunta antes de que fora aprobada no Parlamento, cunha campaña de publicidade que custou 520.000 euros.

O responsable socialista anunciou que o Grupo Socialista elevará unha queixa formal á presidenta da Cámara pola vulneración dos dereitos dos deputados por parte do vicepresidente, Miguel Santalices, que no seu papel de presidente substituto, impediulles aos deputados desmentir unha falsidade vertida polo portavoz do PP neste debate, Pedro Arias.

Losada denunciou a afirmación “absolutamente falsa” do representante do PP, quen para agochar que a ponencia durara tan só 3 minutos, acusou aos portavoces da oposición de terse levantado no debate. O deputado socialista advertiu que Santalices teña incorrido nun “evidente abuso” sobre os dereitos dos grupos e dos deputados ao impedir a aclaración dunha afirmación falsa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar