O PSdeG saúda que NCG teña superado a proba de stress da Axencia Europea da Banca

O PSdeG saúda que NCG teña superado a proba de stress da Axencia Europea da Banca

O PSdeG saúda que NCG teña superado a proba de stress da Axencia Europea da Banca

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, saudou que NCG teña superado a proba de stress da Axencia Europea da Banca. Salientou tamén a “tranquilidade” que supón que o Banco de España garanta a solvencia dos depósitos dos usuarios das entidades financeiras.

Dixo que os socialistas galegos “mantivemos en todo momento que apoiaríamos tódalas liñas de capitalización e futuro que os xestores da entidade decidiran”, e salientou que o aporte do FROB “sempre garantirá a viabilidade do proxecto”.

Caride aludiu á “boa imaxe” que ofrece a superación dos test pola gran maioría das entidades do sistema financeiro español, o que resulta “especialmente relevante nos momentos de convulsións económicas que estamos a vivir”. Lembrou que “ningún país como España examinou a practicamente o cen por cen das súas entidades financeiras”.

Engadiu que este resultado “pon si cabe mais en valor as medidas de reestruturación do mercado financeiro, e nomeadamente o Real Decreto Lei que foi tan criticado polo PP e que a Xunta mesmo ameazou con plantexar un recurso de inconstitucionalidade en contra”, a pesares do cal hoxe se demostraron “necesarias e acertadas”.

Dixo que estas medidas garanten que NCG non vaia necesitar mais recapitalización ademais do fondo comprometido polo Banco de España para garantir que o core capital acadara o 10 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar