O PSdeG rexeita o engano de Feijóo aos galegos por manter no seu cargo aos edís de Santiago despois de asegurar que lles obrigaría a dimitir

O PSdeG rexeita o engano de Feijóo aos galegos por manter no seu cargo aos edís de Santiago despois de asegurar que lles obrigaría a dimitir

O PSdeG rexeita o engano de Feijóo aos galegos por manter no seu cargo aos edís de Santiago despois de asegurar que lles obrigaría a dimitir

“No pleno do Parlamento, garantizou que os imputados que tiveran que enfrontarse a un xuízo oral terían que irse e agora di que hai outros asuntos que lle preocupan máis”, afirma Pilar Cancela

O PSdeG lembra tamén os casos do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, ou do alcalde de Xinzo, con sentenzas na súa contra pero que permanecen no seu posto

Os socialistas galegos rexeitan o engano á cidadanía do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que mantén no seu posto aos sete edís de Santiago que terán que enfrontarse a un xuízo oral despois de asegurar que lles obrigaría a dimitir.

“Temos un xefe de Goberno que a semana pasada garantizou no Parlamento que os políticos do seu partido imputados e que tiveran que ir a xuízo oral terían que deixar os seus cargos, pero agora cambia de opinión e afirma que lle preocupan máis outros asuntos”, afirma Pilar Cancela, secretaria de Organización do PSdeG.

Ademáis, os socialistas lamentan que o presidente da Xunta fale de “informes favorables” para que os sete edís tomaran a decisión de pagar o avogado de Adrián Varela, cando a xuíza considera que prevaricaron porque se saltaron a Lei, xa que o secretario do Concello sinaloulles que só podían tomar esa decisión si cumprían as directrices do Tribunal Supremo, algo que non sucedeu.

“Feijóo aplica os códigos éticos según lle convén, e temos máis exemplos como o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, ou o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, con sentenzas en firme na súa contra pero que continúan no seu posto”, afirma Cancela.

“A postura do Partido Socialista é moi clara con respecto a este tema. Calquera militante que sexa detido por un caso de corrupción e se lle impoñan medidas cautelares por parte da autoridade xudicial, será apartado inmediatamente, como tamén pasa no caso de que teña que enfrontarse a un xuízo oral”, engade a secretaria de Organización do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar