O PSdeG rexeita na Mesa do Parlamento a proposta sobre a retribución aos deputados “ao non tributar ao 100%”

O PSdeG rexeita na Mesa do Parlamento a proposta sobre a retribución aos deputados “ao non tributar ao 100%”

O PSdeG rexeita na Mesa do Parlamento a proposta sobre a retribución aos deputados “ao non tributar ao 100%”

Os socialistas votaron en contra da proposta da presidenta ao non equiparar as condicións dos deputados “ás de calquera traballador deste país”

O PSdeG vén de rexeitar na Mesa do Parlamento a proposta aprobada en solitario polo PP en relación coa retribución e cotización dos deputados, que reserva unha parte do salario exenta de tributación fiscal que varía segundo o rango dos parlamentarios e rebaixa a compensación por quilometraxe. Os socialistas votaron en contra desta proposta ao non equiparar a cotización dos deputados “á de calquera traballador deste país, polo 100% do salario”, tal e como defendía o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro.

Os socialistas lamentan así mesmo o “paripé” e “cortina de fume” do PP xusto un día antes do Debate do Estado da Autonomía “despois de estar durante un ano amagando con este tema e sen presentar nin unha soa proposta”. Ademais, critican que coñeceron as intencións dos populares no mesmo momento da votación, xa que o tema non estaba explicitado na orde do día nin as condicións lles foron transmitidas con anterioridade.

“Subordinación do Parlamento ao Executivo”
Desde as filas socialistas censuran tamén a “impresentable subordinación dunha decisión da Mesa do Parlamento aos intereses partidistas do Executivo autonómico”, e apuntan que a proposta final aprobada polo PP reflicte “a confrontación política e os problemas internos dentro do grupo parlamentario popular”.

O PSdeG pídelle ao PP “altura de miras” e “responsabilidade” para afrontar reformas “meditadas, globais e consensuadas” e lémbranlle que “os cidadáns son intelixentes para darse conta de que unha polémica creada artificialmente non pode tapar a grave situación de Galicia”, polo que non permitirán que “a política ficción do PP sirva para desviar o Debate dos problemas reais dos galegos e das galegas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar