"A Lei de Familia do PP supón un boicot aos dereitos recoñecidos e consolidados da muller"

"A Lei de Familia do PP supón un boicot aos dereitos recoñecidos e consolidados da muller"

"A Lei de Familia do PP supón un boicot aos dereitos recoñecidos e consolidados da muller"

A portavoz de Xustiza e Políticas Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, rexeitou a Lei de Familia do PP porque supón un “boicot a dereitos da muller recoñecidos e consolidados”. Así o dixo no debate en Comisión deste texto, que incorporou 6 emendas aceptadas e unha transaccionada do total de 136 presentadas polos socialistas galegos.

Sestayo dixo que esta Lei “destrúe dereitos e volve ao papel das mulleres na familia retrocedendo dous e tres séculos” cunha Lei “á medida da Conferencia Episcopal”, do sector “máis ultra” do PP e estritamente “declarativa e ideolóxica”. Criticou que o modelo de familia do PP condena a “parir nenos e nenas aínda que teñan que darse en adopción e ser institucionalizados” en contra da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo.

Sinala que constitúe unha “proclama da ultradereita para consolidar modelos de familia xa esquecidos e que forman parte doutras épocas pero que poden ser perfectamente un dos modelos polos que se opte libremente garantindo os servizos públicos e medidas educacionais e de responsabilidade, protexendo ás familias que o necesiten”.

Cualificou a Lei de “propaganda que mesmo carece de memoria económica e medidas concretas” e que “burla” o informe “demoledor” do Consello Económico e Social advertindo que “volve ao rol tradicional da muller”. Criticou que mesmo desbote medidas para a protección dos distintos tipos de familia, tal e como defendía unha emenda socialista que foi rexeitada polo PP.

Advertiu que o PP ten rexeitado emendas encamiñadas a garantir a conciliación da vida laboral e familiar, así como a protexer familias en especial dificultade, como as que teñen aos seus membros dependentes, a persoas con discapacidade ou diversidade funcional, en risco de exclusión social ou cando os dous cónxuxes superan os 65 anos.

A parlamentaria socialista sinalou que “a maioría da sociedade galega non quere que se descarten as familias homosexuais, nin que se lles imposibilite a adopción de nenos e nenas” e engadiu que “a maioría da xente de Galicia quere que prioricemos o cumprimento da Lei da Dependencia”, en alusión a outras das emendas que foron desbotadas polo PP.

Dixo que o PP rexeitou tamén garantir unha maternidade “libre, voluntaria e responsable” e impediron incluír programas de conciliación para as mulleres ou homes que desexen ser nais e pais, así como todas aquelas medidas para garantir a educación afectivo – sexual que permita reducir os embarazos non desexados.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar