O PSdeG rexeita a Lei de Consumo porque "non regula cuestións reais nin protexe aos consumidores"

O PSdeG rexeita a Lei de Consumo porque "non regula cuestións reais nin protexe aos consumidores"

O PSdeG rexeita a Lei de Consumo porque "non regula cuestións reais nin protexe aos consumidores"

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu no Pleno da Cámara para defender as emendas do PSdeG ao Proxecto da Lei Galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias. Alí denunciou que esta normativa “non vai na liña do que demandan hoxe os consumidores e usuarios de Galicia”.

Asegura ademais que o texto “non ten identidade, é escasamente novidosa, non regula cuestións reais”, e resumiu “é un remendo de disposicións normativas, pero sen elementos específicos sobre o ámbito do consumo nas relacións contractuais en Galicia”. Replica tamén que “non é unha lei protectora dos dereitos dos consumidores”, como denuncian as propias asociacións de consumidores ou comerciantes. Afirma que con esta normativa os usuarios e consumidores de Galicia “esta indefensos e en situación de desequilibrio”.

Advirte que mais do 40 % do texto proposto pola administración autonómica “ten réxime sancionador”.

Na súa intervención Juan Carlos Francisco Rivera aludiu a negativa do PP, por segunda vez, para impedir o debate da creación dunha Comisión de Investigación sobre as caixas no Parlamento. Por iso criticou que en Galicia hai mais de 70.000 “atrapados nun corralito”, afectados pola participación de productos financeiros, denominados participacións preferentes que promoveron na nosa Comunidade fundamentalmente as caixas galegas.

Oficinas de Información

Por iso reclamou que a Xunta investigue que esta facendo as entidades financeiras, e pediu ademais “responsabilidades políticas á administración autonómica”, sobre este asunto. Tamén lembrou que o PSdeG-PSOE reclamou, mediante diversas iniciativas, a creación de oficinas de Información para facilitar información e mecanismos de defensa a tódolos cidadáns que foron “enganados” neste tipo de operacións.

Medidas do Goberno de Feijoo

Mais polo miúdo explicou ás 13 emendas rexistradas polo PSdeG-PSOE. Sinala que a normativa non da resposta as novas problemáticas que se introducen nas relacións de consumo e que sitúan ás persoas consumidoras de bens e produtos ou as usuarias de servizos nunha situación de flagrante desequilibrio contractual.

Replica é unha proposta escasamente nova, aínda que tente presentar como tal cuestións que xa están a funcionar na actualidade sen necesidade desta norma legal (como a Rede Galega de Produtos de Consumo, os Plans e Programas de actuación ou o Plan Anual de Vixiancia do Mercado).

Sinala que resulta reiterativa na transposición de principios xerais do dereito xa consagrados, non só na lexislación básica senón na xurisprudencia constitucional.

No que atinxe ao punto de vista financeiro, non conta coa necesaria cobertura orzamentaria para desenvolver diversos aspectos, tal e como o plan de incentivos ás asociacións de consumidores, ou para favorecer o fornecemento dos sistemas extraxudiciais de conflitos.

Contratos de “adhesión”

Denuncia que esquece a incidencia nas relacións de consumo dos denominados contrato de “adhesión”, contratos onde se veñen impoñendo cláusulas abusivas, cando non leoninas ou claramente lesivas.

O portavoz de Consumo advirte que non existe no proxecto unha referencia á Arbitraxe de consumo por medios electrónicos, nin se regula á Arbitraxe de consumo colectivo. Dixo que 27 anos despois da aprobación do Estatuto do Consumidor “non se regula o entramado do Instituto Galego de Consumo ou a Inspección de Consumo, cando deberán ser instrumentos básicos para o desenvolvemento práctico da lei”.

Sobre os “servizos básicos de interese xeral”, non existe ningunha referencia nova ao control sobre tales servizos, incluído o das operadoras de telecomunicacións, nin á creación de oficinas neste eido.

Juan Carlos Francisco Rivera di que incomprensiblemente non aborda as relacións de consumo a distancia, as relacións de consumo fora de establecementos comerciais ou as relacións de consumo a través de intermediarios; e tampouco se reflicten previsións específicas sobre as relacións de consumo que xéranse no ámbito da administración electrónica.

Subliña que contén unha visión incorrecta en relación ás competencias e actuacións a desenvolver polas entidades locais; non contemplando referencia algunha ás agrupacións municipais, ás mancomunidades ou outras entidades supramunicipais; e non reflectindo cuestións importantes neste ámbito relativas á formación, asesoramento e apoio ás organizacións de consumidores.

Xuntas Arbitrais de Consumo

Denuncia tamén que non se prevé a efectiva creación de Xuntas Arbitrais de Consumo nas cidades galegas ou nas grandes vilas.

O deputado critica que non existe ningunha referencia ao papel que poden xogar os medios de comunicación, especialmente os de carácter público, no tocante á difusión e promoción de campañas informativas e formativas en defensa dos intereses das persoas consumidoras e usuarias.

E por ultimo no que atinxe a estrutura do proxecto de lei, destácase o excesivo peso que no articulado ten o réxime sancionador (artigo 72 a artigo 114), case que un 40 % do total do articulado da lei, pero obviando outros contidos relevantes, entre eles, o dedicado ao réxime de medidas cautelares, provisionais ou definitivas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar