O PSdeG repasa o “absoluto abandono de Lugo” por parte do goberno de Feijóo

O PSdeG repasa o “absoluto abandono de Lugo” por parte do goberno de Feijóo

O PSdeG repasa o “absoluto abandono de Lugo” por parte do goberno de Feijóo

A número un do PSdeG-PSOE por Lugo, Concepción Burgo, e o número dous e secretario de organización provincial, Carlos González Santín, repasaron diante do Cuartel de San Fernando os continuos incumprimentos e desprezos do goberno de Feijóo na cidade. O exemplo máis claro, destacou Burgo, “é que no goberno de Feijóo non hai ningún conselleiro lucense, ninguén que puidera tirar un pouco por Lugo”.

Iso choca, di, coas aspiracións do PP. “Fronte ao absoluto abandono fácilmente comprobable, agora o PP está a dicir que quere conseguir nove diputados en Lugo, e nós preguntámonos en base a que méritos din que crecerán, porque para iso hai que presentar un mínimo de xestión”, resaltou, antes de mandar unha mensaxe clara aos cidadáns: “Non é só un problema de cartos. Queren que nos resignemos e que pensemos que non se pode facer e por tanto non se fai, pero iso non é certo. Si hai posibilidades de facelo. É unha opción política, un problema de prioridades. Lugo nunca estivo nas prioridades do señor Feijóo”.

Burgo destacou o aumento do 32% do paro na provincia durante a actual lexislatura. “Isto ten que cambiar. Cambiará cun goberno progresista cunha maioría forte do partido socialista, pero queremos poñer en evidencia este abandono absoluto e que, por favor, por riba non se rían de nós, non se rían dos lucenses dicindo que fixeron algo nestes tres anos. Aos lucenses custounos moitísimo o Goberno de Feijóo”, incidiu.

Pola súa banda, González Santín puxo o edificio do Cuartel de San Fernando, “totalmente en ruínas e valado porque cae a trozos” como “imaxe e exemplo do que é a política de Feijóo con Lugo” . Nese edificio, catalogado como BIC, debería estar o Museo da Romanización.

O socialista enumerou outros exemplos: “O novo auditorio, no que teñen grúas para que pareza que hai actividade; Paradai, que estivemos cos veciños onte e pregúntanse que fixo a Xunta estes catro anos, a Ronda Leste, que só avanzou co PSOE, o barrio de Residencia, que tras moitas promesas segue igual...” e outros incumprimentos “aínda máis preocupantes”, como “onde están as escolas infantís” ou que pasa co Hospital de Lugo. “Fíxoo Touriño, pero Feijóo veu para inauguralo, iso si. Agora non o dotaron de servizos esenciais como a hemodinámica e a radioterapia. Non é normal que unha persoa cun infarto teña que ir á Coruña, ou que persoas con cancro teñar que viaxar de madrugada para que os atendan noutra cidade”. Tamén fixo referencia ao “repago incomprensible” dos pensionistas.

“Por riba temos que oír cada día o discurso de que a de Feijóo é unha excelente xestión. É mentira. O único que fixo Feijóo foi duplicar a débeda de Galicia. Duplicou a débeda e non fixo nada. Gustaríame saber en que investiu os cartos”, destacou o secretario de organización provincial. “Nós non imos prometer o que non poidamos cumprir, pero asegurámoslles aos cidadáns que fixaremos una prazos e cumprirémolos, e sobre todo estaremos coa xente que o necesita. Espero que Feijóo reflexione e deixe de enganar os lucenses dicindo que foi un goberno que fixo moito por Lugo”, concluíu.

OS DESPREZOS DE FEIJÓO ÁS INFRAESTRUTURAS DA CIDADE DE LUGO

Máis aló dos continuos e innumerables desprezos e indiferencia da Xunta de Feijóo con toda a provincia de Lugo, a cidade é, sen dúbida, a capital de provincia máis maltratada polo Goberno galego, con infraestruturas abandoadas, promesas incumpridas e falta de apoio en servizos que deben ser básicos. Sen afondar nas cifras xa coñecidas do paro, a eliminación de servizos sociais e as consecuencias das medidas e recortes contra os que máis o necesitan, estas son algunhas das promesas incumpridas no referido ás infraestruturas.

1. HOSPITAL DE LUGO: A Xunta non cumpriu co seu compromiso de dotar o Hospital de Lugo de servizos básicos como a radioterapia ou a hemodinámica (infartos). Non hai dereito a que unha persoa con cancro teña que viaxar ata A Coruña para ser atendido de madrugada en condicións penosas.

2. ESCOLAS: A Xunta negouse a facer unha nova escola no centro, a pesar das queixas dos pais e da saturación do Quiroga Ballesteros. A aportación da Xunta ás escolas infantís é ridícula, a futura escola vaina construír a Fundación Paideia nun solar que cederá o Concello.

3. NOVO AUDITORIO: Lugo é A ÚNICA das grandes cidades de Galicia que non conta cun auditorio digno, xa que a Xunta mantén as obras bloqueadas, iso si, con grúas para que pareza que avanza.

4. MUSEO DA ROMANIZACIÓN NO CUARTEL DE SAN FERNANDO: un BIC totalmente abandoado, en ruínas e valado porque caen trozos á estrada.

5. MURALLA DE LUGO: Patrimonio da Humanidade e potencial turístico, cuxo estado de abandono chega ata tal punto que mesmo o alcalde tivo que ameazar coa creación de patrullas cidadáns que se encargaran de facer o que a Xunta non fai. Outro exemplo do estado de abandono é a falla de iluminación no adarve, debido a que as máis de 300 luminarias que levan máis de dous anos rotas e sen que a Xunta se moleste en substituílas, o que impide camiñar pola Muralla tras a posta do sol.

6. RONDA LESTE: Paralizada a vía que comunica o hospital máis importante da provincia coa cidade.

7. PLAN PARADAI: Total incumprimento do convenio asinado. A Xunta ten paralizadas as fases que lle corresponden.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar