O PSdeG relanza a campaña ‘Que non nos toquen a lei’ para evitar que o Partido Popular modifique a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva de 2010

O PSdeG relanza a campaña ‘Que non nos toquen a lei’ para evitar que o Partido Popular modifique a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva de 2010

O PSdeG relanza a campaña ‘Que non nos toquen a lei’ para evitar que o Partido Popular modifique a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva de 2010

13011533914_847c592c2b_kOs socialistas galegos impulsarán de novo a campaña Que non nos toquen a lei, promovida pola Secretaría de Igualdade do PSdeG cando se coñeceu a intención do Partido Popular de modificar a Lei de 2010 de Saúde Sexual, Reprodutiva e da IVE

O PP leva ao pleno do Congreso de mañá a modificación do artigo 13.4 da norma, a que regula este dereito para as mulleres de16 e 17 anos, e dun artigo da Lei de Autonomía do Paciente de 2002, no relativo tamén a menores de idade e aborto.

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Eva Martínez, asegura que esta campaña, que se desenvolveu en redes e coa entrega por parte de Xuventudes Socialistas de Galicia de folletos informativos, estará presente “aínda con máis forza” estes días, xunto con accións contundentes que se irán levando a cabo a partires da vindeira semana.

“Seguiremos insistindo se finalmente o Partido Popular segue adiante coa súa teima de controlar e tutelar a vida das mulleres, neste caso as máis novas, e o que máis grave, expoñelas a abortos clandestinos e desprotexelas en situacións de extrema gravidade”, asegurou Martínez, que engadiu que “non pararemos ata conseguir que tanto este artigo como o da Lei de Autonomía do Paciente queden como están agora”.

Como destacou, esta modificación afectará ás mulleres que se atopan nunha situación máis vulnerable, posto que o artigo 13.4 unicamente exime de ter que informar a pais/nais/titores a aquelas con violencia intrafamiliar ou desarraigo e desamparo. Isto é, un 0,4% do total.

“Venden manipulando a realidade xurídica unha reforma que afectará, por exemplo en Galicia, a unha media de 10 mulleres ao ano, mulleres ás que deixan desprotexidas e que expoñen a novas situacións de violencia ou a poñer en risco a súa vida nun aborto clandestino”, afirma.

“O que tería que facer o PP é desenvolver e garantir o cumprimento na súa totalidade da lei de 2010; unha lei que contempla a prevención e a educación sexual como ferramenta fundamental para evitar embarazos non desexados”, destacou Martínez.

PREMIOS DE IGUALDADE
A presidenta do PSOE, Micaela Navarro, estará mañá presente nos actos que a Secretaría de Igualdade ten organizados para a entrega dos Premios de Igualdade María Vázquez, que inclúen unha homenaxe en Miño á que fora fundadora desa agrupación, mestra na República, activista feminista e de UXT.

Vázquez foi violada e asasinada na praia da Miño en agosto de 1936 polos falanxistas e neste mesmo lugar, ás 12.00 horas, a comitiva encabezada pola presidenta socialista levará a cabo unha ofrenda floral á que tamén asistirá o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, o centro sociocultural de Fontiñas acollerá o acto de entrega dos premios, nesta primeira edición cun recoñecemento ás mulleres socialistas, especialmente ás “anónimas”. Neste acto, ademais de Micaela Navarro, estarán, entre outros responsables do partido, Besteiro e a secretaria de Organización, Pilar Cancela.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar