O PSdeG reivindica unha Galicia “políticamente habitable” fronte aos abusos de poder da Xunta

O PSdeG reivindica unha Galicia “políticamente habitable” fronte aos abusos de poder da Xunta

O PSdeG reivindica unha Galicia “políticamente habitable” fronte aos abusos de poder da Xunta

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu unha maior calidade democrática fronte ao “abuso de poder” exercido polo PP dende a Xunta de Galicia no caso de Unións Agrarias e os procesos de contratación da Deputación de Ourense. Losada reivindicou “unha Galicia habitable para tódolos galegos e galegas e igualdade de trato e oportunidades”.

O responsable socialista adiantou así as mocións que presentarán os socialistas no Pleno do Parlamento que comeza mañá sobre o uso dos “resortes do poder” dende a Xunta para perseguir ao sindicato agrario e contra o “fondo agravio comparativo” nos procesos de contratación das deputacións provinciais gobernadas polos “populares”. Tamén defenderán unha moción sobre a situación financeira de Galicia.

Neste sentido, lamentou a “falla de iniciativa” amosada polo presidente da Xunta cando asegurou, esta fin de semana, que a súa actuación relativa a Novacaixagalicia limitábase a “remitir á entidade aos inversores que pasen pola Xunta”. Esta actitude evidencia, dixo, que “fallou o seu intento de control político de NCG e agora está cruzado de brazos” mentres “calquera esperaría unha actitude máis proactiva do Goberno de Galicia”.

Explicou que a pregunta formulada polo presidente do Grupo, Pachi Vázquez, ao presidente da Xunta, centrarase desta volta nos compromisos do Goberno galego en termos de investimento público. Lamentou que fronte ao ataque “por terra, mar e aire ao goberno central” e poñendo “paus nas rodas” do desenvolvemento das infraestruturas a realidade é que en dous anos “non hai unha nova obra desenvolta pola Xunta”.

Sinalou que os datos de execución orzamentaria revelan que Fomento investiu un total de 1.300 millóns de euros en 2010 fronte aos 350 millóns en total da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Engadiu que o PP “só pode percorrer Galicia contando o que non fixeron e explicando o seu fracaso” ao carecer de obra nova “e as que estaban encarriladas, descarriláronse, como a autovía da Costa da Morte”.

Publicidade e propaganda

O responsable socialista lamentou que o Pleno que comeza mañá se teña centrado en “publicidade e propaganda para a Xunta e votar balóns fóra”, como evidencian as comparecencias sobre a Rede Natura 2000 logo de dous anos paralizada e o diálogo social cando Galicia é a autonomía con máis traballadores afectados por ERE de acordo cos primeiros datos coñecidos de 2011.

Advertiu que a Xunta está a recorrer á situación de Portugal para escusar a súa incapacidade á hora de asumir responsabilidades e ademais presentan un Proxecto de Lei de Convivencia no Ensino “como coartada para xustificar a enquisa de Feijóo sobre a lingua”.

Arzúa

O portavoz do Grupo Socialista dixo hoxe que a situación de Arzúa é “o máis parecido a unha vendetta política”, logo da inhabilitación do alcalde co uso “torticeiro” dunha Lei concibida “para outro ámbito e dimensión”. Criticou que “o PP de maneira habitual compra vontades e busca resquicios para reforzar o seu poder máis alá do lexítimo dereito ao voto, como vemos coas deputacións de Ourense e Pontevedra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar