O PSdeG reivindica a memoria de Paz Andrade e de outros esgrevios, exemplares e xenerosos persoeiros que atoparon nas súas siglas un vehículo de participación en momentos cruciais do nacemento das institucións galegas

O PSdeG  reivindica a memoria de Paz Andrade e de outros esgrevios, exemplares e xenerosos persoeiros que atoparon nas súas siglas un vehículo de participación en momentos cruciais do nacemento das institucións galegas

O PSdeG reivindica a memoria de Paz Andrade e de outros esgrevios, exemplares e xenerosos persoeiros que atoparon nas súas siglas un vehículo de participación en momentos cruciais do nacemento das institucións galegas

Os socialistas galegos renderon homenaxe a Valentín Paz Andrade cunha ofrenda floral no panteón familiar de Lérez e a lectura polo Secretario Xeral, Pachi Vázquez, da Declaración da Executiva pola celebración do Día das Letras.

O PSdeG-PSOE recolle o facho do intelectual galeguista, atopando en Galicia como Tarefa a inspiración que marca un camiño absolutamente actual e necesario a respecto do entendemento da cultura, da lingua e dos medios de comunicación para a construción e o exercicio dunha identidade de nós

No solemne marco do camposanto que acolle os restos de Paz Andrade, Pachi Vázquez reivindicou á Cultura, á Lingua e á Comunicación, coma elementos que constitúen un ámbito de actuación estratéxica para o noso país

Reivindican a superación da fenda dixital e facilitar o acceso á cidadanía ás tecnoloxías da información e da comunicación, que constitúen un eido de coñecemento imprescindible para a igualdade de oportunidades

A CRTVG debe contar cos medios humanos, económicos e técnicos precisos para garantir o dereito democrático á información e ao entretemento da cidadanía

Salienta “o feito honroso de teren sido as nosas siglas” o teito baixo do cal puideron participar na vida democrática e política do noso país figuras do galeguismo histórico coma Ramón Piñeiro, Carlos Casares, Benxamín Casal ou o propio Valentín Paz Andrade, en momentos cruciais do nacemento das institucións democráticas de Galicia

DECLARACIÓN LETRAS GALEGAS 2012

FACER REALIDADE O SOÑO DE VALENTÍN PAZ ANDRADE: GALICIA É TAMÉN A NOSA TAREFA

O PSdeG-PSOE desexa compartir co pobo galego a importancia e actualidade da análise filosófica, política e propositiva de Valentín Paz Andrade no conxunto da súa obra, e tamén no exemplo da súa actitude vital e pública. Especialmente, en Galicia, como tarefa, os socialistas galegos atopamos a inspiración que nos marca un camiño absolutamente actual e necesario a respecto do entendemento da cultura, da lingua e dos medios de comunicación para a construción e o exercicio dunha identidade de nós. Neste sentido declaramos que:

1) Entendemos a cultura, a lingua e a comunicación, coma elementos do “cuarto sector” que constitúen un ámbito de actuación estratéxica para o noso país, tanto na súa vertente xeradora de valor económico, como da súa esencia humanística e a súa función de cohesión social, de enorme transcendencia individual e colectiva.

2) Desde calquera ámbito de acción política no que teñamos a confianza da cidadanía para sermos responsables da súa xestión desde o sector público, comprometemos o noso apoio ás industrias culturais, á creación artística, á produción e programación cultural, e á defensa, salvagarda e difusión do noso patrimonio cultural.

3) Neste espazo de revalorización e aposta pola nosa cultura e a nosa lingua, consideramos imprescindible a existencia de medios de comunicación comprometidos con elas e co noso futuro como país. A CRTVG debe contar cos medios humanos, económicos e técnicos precisos para garantir o dereito democrático á información e ao entretemento da cidadanía.

4) As tecnoloxías da información e da comunicación constitúen un eido de coñecemento imprescindible para a igualdade de oportunidades polo que debemos traballar para superar a fenda dixital e facilitar o seu acceso a toda a cidadanía.

5) Neste momento de dúbidas sobre a oportunidade do Estado das Autonomías e o retroceso que nesta materia anuncian os poderes conservadores, reivindicamos o papel xogado polos nosos compañeiros socialistas e galeguistas demócratas, na historia da nosa autonomía na que tiveron papel protagonista figuras coma a de Xaime Quintanilla na defensa do Estatuto da II República, ou de Rodríguez Pardo, e Ceferino Díaz no de 1981. Reivindicamos, asemade, a necesidade de dotar a Galicia dun novo marco estatutario axeitado ás novas necesidades, ás súas competencias actuais e futuras, e que nos sirva para percorrer un extenso período de tempo cara ao futuro, con bases firmes e mecanismos eficaces e eficientes.

6) Lembramos a persoeiros tan vinculados a nosa identidade cultural como Isaac Diaz Pardo e tamén o feito honroso de teren sido as nosas siglas o teito baixo do cal puideron participar na vida democrática e política do noso país figuras do galeguismo histórico coma Ramón Piñeiro, Carlos Casares, Benxamín Casal ou o propio Valentín Paz Andrade, en momentos cruciais do nacemento das nosas institucións democráticas.

7) Galicia é tamén para nós, socialistas e galeguistas, a nosa tarefa. O noso afán. Honramos por elo, e seguimos, o camiño que nos deixaron marcado cidadáns esgrevios, exemplares e xenerosos, coma é no caso deste ano, Valentín Paz Andrade, sempre con nós, na memoria e no corazón.

Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012

Manifesto do día das Letras Galegas (en pdf)

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar