O PSdeG recorrerá as últimas normas da Xunta en materia de sanidade por ser "ilegais"

O PSdeG recorrerá as últimas normas da Xunta en materia de sanidade por ser "ilegais"

O PSdeG recorrerá as últimas normas da Xunta en materia de sanidade por ser "ilegais"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciou accións xurídicas contra dúas ordes aprobadas pola Xunta e que obrigan a pagar aos que fagan "un uso irresponsable" da sanidade e aos estranxeiros e residentes noutras comunidades que "precisen atención médica" en Galicia".

"Iso é ilegal e imos a recorrelo", remarcou no mitin de Saxenxo, e centrándose na última destas dúas ordes, advertiu de que "non descarta chegar ao Tribunal Constitucional". Este último decreto, con data de 28 de setembro, "obriga a estar empadroado en Galicia para operarte ou recibir asistencia médica", o que sería contrario ás leis de Estranxeiría e de Cohesión Territorial.

"Non poden cobrar nin atender á xente en función dos seus recursos económicos", incidiu o líder dos socialistas galegos, quen puxo en valor que, "grazas" a gobernos socialistas, a sanidade en España é "pública, universal e gratuíta".

Todo isto súmase á "retirada" de medicamentos a través do catálogo de fármacos e á "supresión" de ambulancias para facer "unha reordenación", tal e como recordou, para advertir dos recortes que se producirán en educación, sanidade, paro e pensións" en caso que Mariano Rajoy chegue á Moncloa.

"Nós niso non fallamos", garantiu o xefe de filas dos socialistas galegos, para advertir de que o PP sabe que "o negocio xa non son os pisos nin as infraestruturas, senón que está na sanidade".

Por todo iso, Vázquez arengou os seus este mércores para que se mobilicen e transmitan ao 30 por cento de indecisos que reflicten as enquisas e que, ao seu xuízo, son "da esquerda", que "non pode ser peor o remedio que a enfermidade".

"Hai unha enfermidade política, pero cando hai un enfermo non se lle tira pola ventá para que xa non haxa enfermidade", reflexionou, para remarcar que "se hai problemas na esquerda, hai que solucionalos dende a esquerda e non permitir que goberne a dereita".

Dito isto, pediu aos seus que falen con todos os coñecidos para transmitir estas ideas "sen perder o tempo cos do PP ou cos que din que non queren falar de política". "Eses tamén son do PP", ironizou, para advertir as persoas de esquerdas que están "cabreadas" que o 21 de novembro tamén estarán "desesperadas" se goberna o PP. (EP)

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar