O PSdeG reclámalle á Xunta que retire o decreto de creación das áreas de xestión clínica por "ilegal"

O PSdeG reclámalle á Xunta que retire o decreto de creación das áreas de xestión clínica por "ilegal"

O PSdeG reclámalle á Xunta que retire o decreto de creación das áreas de xestión clínica por "ilegal"

Carmen Acuña insta ao goberno galego a restablecer as condicións laborais de 2009 aos profesionais do sistema público de saúde

Denuncia que o goberno galego “pretende que sexan os profesionais os que apliquen os recortes directamente aos doentes”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamoulle á Xunta que retire o decreto que regula a creación das áreas de xestión clínica por ser ilegal, tal e como sinala o Consello Consultivo. A responsable socialista presentará esta solicitude a través dunha moción que será debatida no Pleno do Parlamento que comeza o próximo martes.

Acuña sinala que esta norma resulta “contraria ao ordenamento xurídico”, tal e como confirma o Consello Consultivo a través dun informe no que advirte que foi aprobado “sen informar adecuadamente nin aos colexios profesionais nin aos usuarios”. Ademais, sinala que o decreto tampouco realiza a “avaliación das supostas vantaxes” que suporá para os usuarios e “deixa todo no aire para un desenvolvemento posterior”.

O informe elaborado por este órgano engade ademais que os mecanismos de incentivación para os e as profesionais da sanidade pública “só contempla indicadores económicos e non de calidade asistencial, como sería recomendable”.

Acuña apunta neste sentido que o decreto “non fala nin de calidade nin de universalidade, só de rendibilidade”, facendo que as áreas funcionen de facto “como unha entidade privada dentro do sistema público”. Explicou que poderán “mercar, vender, contratar e despedir tendo capacidade para prestar servizos mesmo fora do propio sistema público”.

Sinala que a Xunta fará da sanidade pública “pequenos reinos de taifas con dirección propia e independencia da xestión” preparados para privatizar, co risco de xerar carteiras de servizos diferentes en cada unha das áreas coa posibilidade de contratar ou despedir persoal de forma autónoma”.

Condicións laborais

Os socialistas galegos tamén lle reclaman á Xunta que inicie de forma progresiva “a recuperación das condicións laborais dos e das profesionais do Sistema Público de Saúde”. Acuña esíxelle ao goberno galego que restitúa a situación deste traballadores “tanto no referente ás retribucións salariais como no relativo a vacacións e días libres, para volver á maior brevidade posible ao nivel que tiñan en 2009”.

A deputada socialista demanda a volta ás condicións de traballo que tiñan estes profesionais no momento en que Feijóo accedeu á presidencia da Xunta, mentres, criticou, o goberno galego “quere que sexan os profesionais da sanidade os que apliquen os recortes directamente aos usuarios e usuarias”.

Denunciou que o decreto fai depender o salario do facultativo “do maior ou menor recorte que lle aplique ao doente”, dependendo das receitas, as probas diagnósticas ou a rapidez en conceder a alta sanitaria. Explicou que “os profesionais da sanidade necesitamos ser independentes á hora de coidar aos pacientes, determinando receitas ou probas en función da patoloxía e non polos incentivos salariais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar