O PSdeG reclámalle á Xunta que devolva a paga extra de decembro de 2012 aos funcionarios que foi negada “en contra da constitución e dos dereitos laborais”

O PSdeG reclámalle á Xunta que devolva a paga extra de decembro de 2012 aos funcionarios que foi negada “en contra da constitución e dos dereitos laborais”

O PSdeG reclámalle á Xunta que devolva a paga extra de decembro de 2012 aos funcionarios que foi negada “en contra da constitución e dos dereitos laborais”

Beatriz Sestayo sinala que Feijóo “mentiu ata tres veces” ao negar novos sacrificios aos funcionarios públicos

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, reclamoulle hoxe á Xunta que devolva aos funcionarios a paga extra de decembro de 2012 que foi retirada “en contra da constitución e dos dereitos laborais”. A responsable socialista presentou unha proposición de Lei en Pleno para restaurar as dúas pagas extraordinarias deste colectivo, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista sinalou que a decisión de retirar a paga extra de decembro de 2012 foi tomada en contra da Lei, tal e como están decretando os xulgados, que obrigan a devolver a contía aos funcionarios que están denunciando. Explicou que cada unha desas sentenzas supoñen un custe adicional de 100 euros para os galegos e galegas con cargo aos orzamentos públicos ao sumar a devolución e os custes do proceso.

Explicou que mesmo a CRTVG ten solicitado e concedido un crédito extraordinario de 51 millóns de euros para facer fronte ás sentenzas que os xulgados están obrigando a abonar e que agora “tense que detraer doutras partidas dos orzamentos públicos”.

Sestayo sinalou que o voto en contra a esta iniciativa socialista evidencia que Feijóo “mentiu unha vez mais” tanto ao incumprir o seu compromiso de non impor novos sacrificios aos empregados públicos como ao confirmar a versión do goberno central de que a economía galega e estatal amosa “evidentes signos de recuperación”.

Acusou ao PP de presentarse como “adalides da Constitución para despois pisoteala” con modificacións lexislativas que a vulneran, así como aos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras da administración pública. A responsable socialista acusou ao PP de “crerse por riba de calquera instrumento do Estado democrático de dereito” demostrando unha “soberbia que a pesares de ser castigada lamentablemente non se cura”.

Iniciativa

Sestayo defendeu hoxe a modificación da Lei de función pública de Galicia para garantir dúas pagas extraordinarias por ano para os funcionarios e funcionarias, así como aboar a parte proporcional da paga extraordinaria do mes de decembro de 2012 correspondente ao período devengado.

Explicou que o goberno galego aplicou o decreto 20/2012, que establecía a retirada de dita paga extraordinaria, suprimindo a totalidade da mesma, cando de acordo coa legalidade só podería suprimir a parte proporcional dende o momento da entrada en vigor do decreto e non da súa totalidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar