O PSdeG reclámalle á Xunta que clarifique se é competente para reducir o tramo autonómico do IRPF

O PSdeG reclámalle á Xunta que clarifique se é competente para reducir o tramo autonómico do IRPF

O PSdeG reclámalle á Xunta que clarifique se é competente para reducir o tramo autonómico do IRPF

Juan Carlos González Santín lembra que o compromiso de Feijóo de reducir os impostos ás rendas baixas foi contestado polo Goberno coa ameaza dun recurso de inconstitucionalidade

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, levará ao Pleno do Parlamento que comeza o próximo mércores unha moción para reclamarlle á Xunta que explique si ten competencias para reducir o tramo autonómico do IRPF. Lembrou que o anuncio “meramente cosmético” de Feijóo de reducir os impostos ás rendas de menos de 17.707 euros foi contestado polo goberno.

O responsable socialista explicou que no mes de abril foi feito público, a través do DOG, que o goberno central demandara a constitución dun grupo de traballo, dentro da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado – Comunidade Autónoma de Galicia, como cuestión previa a un recurso inconstitucional fronte á redución do IRPF por parte de Feijóo.

González Santín reclama un informe completo sobre esta discrepancia e lle esixe á Xunta que informe á Cámara autonómica de calquera discrepancia formulada por parte do goberno central en relación coas leis autonómicas. Ademais, dixo, a Xunta debe defender na dita Comisión Bilateral “as competencias propias e, consecuentemente, a normativa derivada das leis autonómicas aprobadas”.

Meramente cosmética

O deputado socialista lembra que a rebaixa dun 0,5 por cento para as rendas mais baixas resulta “unha medida moi limitada en relación aos seus efectos reais”. Cualificou a iniciativa de “meramente cosmética” por canto non compensa a suba realizada polo goberno galego en outros gravames como o céntimo sanitario, o canon de Sogama, ou a taxa da auga.

González Santín reclamoulle así ao goberno galego que se dirixa ao Goberno central para solicitarlle “unha redución no tipo de gravame estatal aplicable no IRPF nos tramos de menores rendas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar