O PSdeG reclámalle á Xunta que asuma a reprodución asistida para mulleres soas ou lesbianas

O PSdeG reclámalle á Xunta que asuma a reprodución asistida para mulleres soas ou lesbianas

O PSdeG reclámalle á Xunta que asuma a reprodución asistida para mulleres soas ou lesbianas

Carmen Gallego critica o “cinismo” do goberno galego por gastar 640.000 euros en publicidade para frear a caída demográfica mentres retiran a reprodución asistida da carteira de servizos

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamoulle hoxe ao goberno galego que asuma a reprodución asistida para mulleres soas ou lesbianas que o goberno vai retirar da carteira de servizos da saúde pública. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade do que tivo lugar hoxe no Parlamento de Galicia.

A responsable socialista denunciou a “persecución” por parte do goberno contra as mulleres soas e lesbianas que queiran ter fillos, logo da proposta de retiralas da carteira de servizos, tal e como propuxo o goberno no último Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Advertiu que esta posición “casa mal coa petición para que as mulleres nos poñamos todas a ter fillos pola caída demográfica brutal de Galicia”, e criticou o “cinismo” do goberno galego, que apoia a retirada deste servizo ao tempo que gasta 640.000 euros nunha campaña de publicidade para impulsar a maternidade.

Gallego lembrou que, de acordo coa OMS, a saúde é o estado de completo benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de doenza. Criticou así que o goberno queira limitar a reprodución asistida ás parellas heterosexuais con problemas de fertilidade, tal e como confirmou a ministra Ana Mato ao aseverar que a falla de varón “non é un problema médico”.

Carmen Gallego advertiu que o PP “aproveita a crise para aplicar a ideoloxía mais rancia”, xustificando a exclusión das mulleres soas e lesbianas da reprodución asistida, o que “a todas luces é unha barbaridade que se entende dentro dunha dereita reaccionaria que só acepta a parella tradicional dun home e unha muller e non entende a diversidade”.

Consello Interterritorial
A deputada socialista desmentiu as declaracións do goberno galego, que negou dito debate, xa que no documento dos asuntos para debate e aprobación do Consello Interterritorial, no seu punto 26 dispón “desarrollo y concreción de la cartera básica de servicios asistenciales del SNS en genética, reproducción humana asistida, cribado neonatal, de cáncer de mama, colorrectal y cérvix e implantes implantes cardiacos y vasculares”.

Ademais, puntualizou que a proposta do grupo de traballo da carteira común básica de servizos asistenciais de reprodución humana asistida establece especificamente que os tratamentos limitaranse ás parellas integradas por muller entre 18 e 40 anos e home entre 18 e 55 anos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar