O PSdeG reclámalle á Xunta axudas económicas para o sector afectado pola marea vermella de outubro

O PSdeG reclámalle á Xunta axudas económicas para o sector afectado pola marea vermella de outubro

O PSdeG reclámalle á Xunta axudas económicas para o sector afectado pola marea vermella de outubro

José Ramón Val censura que o goberno galego paralizara as análises durante a fin de semana, provocando a perda do marisco e o mexillón extraídos o luns

bateaO portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, reclamoulle hoxe á Xunta que habilite axudas ao sector mexilloeiro e marisqueiro afectado polo peche pola marea vermella de outubro. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Medio Rural e Marítimo para dar conta daquel episodio de biotoxinas.

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que clarifique “que vai facer o seu goberno no canto ás axudas” e clarificar “por que se tomou a decisión” de paralizar as análises elaboradas polo Intecmar durante a primeira fin de semana. Isto provocou o atraso da alerta e a destrución de todo o produto extraído durante a xornada do luns, malia que as primeiras toxinas foran detectadas o xoves.

Val criticou o traballo “con improvisación e de xeito desorganizado” por parte do goberno galego, repetindo a situación vivida na marea vermella da Semana Santa, na que o Intecmar tamén pechou durante a ponte. Esta xestión, dixo, provocou que en só unha xornada de traballo se perderan 500.000 euros na extracción de moluscos e mesmo superiores no sector mexilloeiro, ademais do dano á imaxe e prestixio do sector.

O portavoz de Pesca do grupo Socialista acusou ao goberno galego de “non poñer os medios para minimizar o impacto do episodio de marea vermella, paliando os danos económicos, as alertas sanitarias ou para non danar a imaxe do sector”. Criticou que, polo contrario, “tendo ás portas un dos episodios mais virulentos de biotoxina ninguén se dera conta e pecharan o Intecmar ata o luns”.

Os socialistas galegos reclamáronlle ao goberno galego a depuración de responsabilidades políticas por ter pechado as análises durante a fin de semana “ e pedir declaracións ao sector por ter asegurado que as perdas resultaban insignificantes”.

Crise do sector

O deputado socialista criticou a “autocomplacencia” amosada polo goberno galego, que coa súa xestión está a desmantelar un sector que pasou de ser refuxio de traballo a pasar en cinco anos de 4.500 a 3.900 permisos de explotación. Advertiu que os mariscadores mesmo está perdendo a confianza no goberno galego, criticando a xestión do Intecmar e chegando a facer as súas propias analíticas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar