O PSdeG reclámalle a Feijóo que se opoña ao anuncio do Foro da Familia de recorrer ante o Constitucional a Lei de Visibilidade e non Discriminación das Persoas LGTBI

O PSdeG reclámalle a Feijóo que se opoña ao anuncio do Foro da Familia de recorrer ante o Constitucional a Lei de Visibilidade e non Discriminación das Persoas LGTBI

O PSdeG reclámalle a Feijóo que se opoña ao anuncio do Foro da Familia de recorrer ante o Constitucional a Lei de Visibilidade e non Discriminación das Persoas LGTBI

Carmen Gallego insta ao presidente da Xunta que defenda a Lei galega “diante dos seus compañeiros” da organización ultraconservadora

A portavoz de Políticas Sociais e LGTB do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamou ao presidente da Xunta que se opoña ao anuncio do Foro da Familia de recorrer ante o Tribunal Constitucional a Lei de Visibilidade e non Discriminación das persoas LGTBI.

A deputada socialista fixo un chamado ao presidente da Xunta a que “deixe de abdicar das súas obrigas” e defenda unha Lei que, malia que foi impulsada polos socialistas galegos, foi acordada e aprobada polo Parlamento de Galicia. Dixo que Feijóo debe defender esta Lei que el mesmo apoiou co seu voto “diante dos seus compañeiros” da organización ultraconservadora.

Gallego respondeu así ás declaracións do presidente do Foro, Benigno Blanco, quen esta semana anunciou a súa oposición á norma galega, e sinalou que “cada día é mais evidente a necesidade desta Lei” precisamente “para loitar contra a homofobia instalada en moitos estamentos da nosa sociedade” como se desprende desta denuncia do Foro da Familia.

Engade que “hai xa moitos anos que a cidadanía entende o concepto de familia dun xeito amplo, inclusivo e diverso”. Por este motivo, sinala, a lexislación “ten que responder á normalización e visibilidade das distintas familias que hoxe se conforman, e nada mellor para elo que a educación e a información sobre a realidade afectivo – sexual da nosa sociedade para evitar o sufrimento, o maltrato e a humillación”.

Considera “triste” que esta organización, “en lugar de preocuparse do mal que o están pasando as familias polos recortes dos gobernos do PP en servizos sociais, sanidade ou educación, teña sempre a tentación de entrometerse nas opcións persoais das persoas acerca dos seus afectos e as súas preferencias sexuais”.

Explica que “en realidade fan o mesmo que a Igrexa católica que tanto defenden, que queren introducir os seus púlpitos nos nosos corpos, como fixo o goberno do PP ao reformar a Lei de interrupción voluntaria do embarazo para furtarlle ás mulleres o dereito a decidir sobre a súa maternidade”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar