O PSdeG reclámalle a Feijóo que explique porque prefire que a venezolana Banesco compre NGB perdendo 8000 millóns de euros de cartos públicos

O PSdeG reclámalle a Feijóo que explique porque prefire que a venezolana Banesco compre NGB perdendo 8000 millóns de euros de cartos públicos

O PSdeG reclámalle a Feijóo que explique porque prefire que a venezolana Banesco compre NGB perdendo 8000 millóns de euros de cartos públicos

Os socialistas pedirán a comparecencia urxente de Feijóo no Parlamento de Galicia e de De Guindos no Congreso

Méndez Romeu critica unha operación “escura e precipitada” que constata que en cinco anos de goberno Feijóo “conseguiu liquidar o sistema financeiro galego”

O portavoz do Grupo Socialista reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que explique porque Banesco era a súa opción preferida para facerse con NGB nunha operación “escura e precipitada”. Criticou a venda con “demasiadas incógnitas” na que o Estado vai perder 8.000 dos 9.000 millóns de euros de diñeiro público inxectados polo FROB para reflotar a entidade, o que “case iguala o orzamento da Xunta para un ano”.

O responsable socialista anunciou que os socialistas galegos pedirán a comparecencia urxente de Feijóo na cámara autonómica e do ministro de Economia, Luis de Guindos, no Congreso. Sinalou que a operación constata que “logo de cinco anos de goberno, Feijóo conseguiu liquidar por completo o sistema financeiro galego e arrasar cunhas entidades con mais de un século de existencia”.

Finalmente, dixo, o presidente da Xunta acadou que Galicia “sexa mais feble que nunca na súa historia recente”, logo de coñecer, hoxe, que “o sistema financeiro galego desaparece completamente” para ser vendido por 1.000 millóns de euros a unha entidade con matriz venezolana. Méndez Romeu esixiu “unha explicación plausible do que está a acontecer” e de porque Banesco “parece ser a opción preferida do presidente da Xunta”.

Dixo que o presidente da Xunta debe explicar aos galegos e galegas “que vai ocorrer co negocio en Galicia, co 40 por cento do aforro dos galegos e galegas que figura nos dous millóns de contas de que dispón NGB”. Reclamou que a Xunta explique que sucederá coa rede de sucursais da entidade, coa plantilla de traballadores ou coa fundación das antigas caixas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar