O PSdeG reclama unha Lei que estableza un sistema acreditado e idóneo para a mediación

O PSdeG reclama unha Lei que estableza un sistema acreditado e idóneo para a mediación

O PSdeG reclama unha Lei que estableza un sistema acreditado e idóneo para a mediación

A deputada socialista, Beatriz Sestayo, volveu reclamar, no nome do seu grupo, a elaboración e posta en marcha da Lei de Mediación.

A portavoz de Xustiza felicitou ao Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, que comparecía en Comisión parlamentaria, polo seu compromiso coa Xustiza de Menores. “ Coñezo o seu traballo e o seu interese persoal e me gustaría que se lle fixera máis caso” , dixo Sestayo.

Recordou que o propio fiscal pedira en diversas ocasións a Lei de Mediación que como consecuencia das súas comparecencias o grupo socialista presentou en reiteradas ocasións que se abordara este texto lexislativo.

A parlamentaria socialista defendeu esta lei como medio de evitar que a mediación se que de “nunha foto, nun compromiso mediático”, e sexa “unha realidade regrada, que se coñeza pola sociedade”. Por iso agradeceu a implicación do Fiscal Xeral.

Insiste Sestayo en que “debéramos estabilizar un sistema suficientemente acreditado e idóneo” para evitar colapsos e dúbidas sobre a idoneidade dalgunhas decisións que se toman polos xulgados cando non existe esta mediación. Puxo tamén en valor o importante papel que xoga a mediación a nivel familiar e dos propios menores.

Sen embargo mostrouse pouco esperanzada en cambiar a sensibilidade da maioría coa petición desta lei de Mediación, cando “aínda se escoita no Parlamento algún portavoz do PP dicindo que a mediación era como falar con delincuentes”.

PROACTIVOS CONTRA A CORRUPCIÓN

Os socialistas manifestaron o seu apio á proposta de Carlos Varela de establecer mecanismos para controlar mellor os riscos de corrupción.

Sestayo afirma que "non só acolle con suma satisfacción" a proposta do Fiscal Xeral de que as autoridades adopten un plan de risco de prevención contra a corrupción , senón que o seu grupo parlamentario "será proactivo contra a corrupción" para tratar de erradicala "do escenario público e político".

ENDURECEMENTO DE PENAS VERSUS ACCIÓN PEDAGÓXICA

A parlamentaria socialista tamén quixo manifestar ao Fiscal Xeral a súa preocupación porque o PP, que “lexitimamente obstentan o poder de xeito tan amplo” e se manifesten convencidos de que a reforma dos menores pasa só polo endurecemento da pena. Beatriz Sestayo quixo suliñar as palabras de Varela reivindicando accións pedagóxicas e inclusivas “para romper o círculo fatalista”. Para Sestayo, si se coñece o contexto dos infractores menores non parece que a mellor solución sexa elevar as penas, senón “incidir nas medidas de prevención sobre estes menores aos que a sociedade ten fallado”.

Beatriz Sestayo agradeceu ao Fiscal Xeral de Galicia que seguira a empregar o termo ‘violencia de xénero’ mellor que ‘entorno familiar’. A deputada socialista amosou a súa disconformidade porque a compoñente dun goberno cambie a tipificación dun delito. Representa “un perigo e un retroceso”, dixo.

VIOLENCIA DE XÉNERO
Laiouse de que se retirasen os fondos aos estudos dos Centros de Información ás Mulleres sobre a incidencia da violencia de xénero nas mulleres mozas, a pesares dos preocupantes resultados sobre a incidencia deste delito nas mulleres mozas. Finalmente compartiu co Fiscal Xeral a dúbida sobre si se constitúe un risco que, desde a Administración se poidan impoñer traballos á comunidade sen mediación da Xustiza. Para Sestayo pode supoñer un risco de exclusión de garantías nunha medida contemplada para o ámbito xudicial como substitutivo da pena carcelaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar