O PSdeG reclama unha Comisión de Investigación sobre a desaparición da caixa galega e as indemnizacións aos directivos

O PSdeG reclama unha Comisión de Investigación sobre a desaparición da caixa galega e as indemnizacións aos directivos

O PSdeG reclama unha Comisión de Investigación sobre a desaparición da caixa galega e as indemnizacións aos directivos

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, solicitou unha Comisión de Investigación para “depurar responsabilidades” sobre a desaparición da caixa galega. Os socialistas reclaman a investigación da participación do regulador, o goberno galego e as caixas para dar conta da súa xestión e do pago de “indemnizacións millonarias” aos directivos da entidade.

A responsable sinalou que “merecemos unha explicación” e apuntou que o PP “ten a oportunidade de dar a cara e amosar que non ten nada que agochar ou seguir buscando escusas para ocultar a súa responsabilidade na perda das caixas”.

Caride salientou que a “indignación” da cidadanía galega diante da xestión deste proceso continúa medrando e desafiou ao PP a “retratarse” logo de ter rexeitado esta mesma proposta presentada polos socialistas galegos no Parlamento o pasado 25 de outubro. Lembrou que daquela o seu portavoz comprometeuse a apoiar a Comisión de Investigación a partires do 15 de decembro.

Dixo que hoxe resulta “máis preciso que nunca coñecer qué ocorreu e quén foron os responsables”, logo de lembrar que as indemnizacións dos exdirectivos aínda non foron devoltas e do anuncio de Rajoy de cara a unha segunda reestruturación bancaria. A responsable socialista quere que “dean a cara” os representantes do goberno galego na entidade, os directivos das caixas e o regulador do Banco de España.

Esixiu ao goberno galego que informe do papel que xogou na fusión das caixas e presente “dunha vez por todas” a auditoría que eles mesmos pagaron e que xustificaba o proceso. Reclamou ademais que expliquen “qué fixeron e qué deixaron de facer ao coñecer as indemnizacións” dos exdirectivos, así como “qué están a facer hoxe para garantir a súa devolución para investilas no mantemento da obra social da caixa.

Caride tamén anunciou unha serie de iniciativas sobre as elevadas remuneracións aos directivos da entidade, en contraste do feito de que se trate dunha entidade “que precisa de tanto apoio” por parte dos recursos públicos. Tamén reclamou a defensa dos clientes da entidade que teñen investido en “participacións preferentes” e hoxe non poden recuperar o seu investimento.

Descoñecemento e afastamento

María José Caride lamentou o “descoñecemento e afastamento” da realidade do país amosada por Feijóo e os membros do seu goberno, cun “radical fracaso” na súa xestión que se demostra pola “ausencia de iniciativas para botar a andar ao país”. Mentres, advertiu, “nos teñen afeitos a grandes anuncios e a non dar a cara”.

Advertiu que Galicia situouse á cabeza na caída do Índice de Produción Industrial entre xaneiro e novembro cunha caída do 7 por cento fronte ao descenso medio do 1,4 por cento do Estado. Este dato, unido a que Galicia fora a terceira autonomía en descenso da afiliación no ano 2011, de acordo cos datos da Seguridade Social, “evidencian o fracaso da política económica do goberno de Feijóo”.

Considerou así “curioso” que o presidente da Xunta non teña aproveitado a recente reestruturación do seu goberno para cambiar aos conselleiros de Economía e Traballo, cando esta última afirma que os mozos e mozas “emigran para formarse” cando a realidade é que vanse de Galicia porque “non atopan oportunidades de emprego”.

AVE

A responsable socialista reclamoulle tamén ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Infraestruturas que “fagan o mesmo que facían antes das eleccións xerais, que sigan esixindo o cumprimento dos prazos do AVE a Galicia marcados polo goberno de Zapatero”.

Caride acusou a Feijóo de “utilizar ao conselleiro Hernández como escusa para paralizar o AVE a Galicia” e reclamoulle ao Goberno galego e á ministra de Fomento “que manteñan exactamente o ritmo de licitación e execución en Galicia que fixo o goberno socialista”.

Lembrou que o conselleiro Hernández “de mentiras sabe moito”, e lembrou así a paralización da Autovía do Morrazo, xunto cos retrasos e bloqueo de obras da súa competencia que o levan incluso a paralizar a licitación de tramos intermedios de autovías como ocorre na Tui – A Guarda.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar