O PSdeG reclama unha comisión de estudo da proposta galega para o novo modelo de financiamento autonómico logo do adiamento da reforma

O PSdeG reclama unha comisión de estudo da proposta galega para o novo modelo de financiamento autonómico logo do adiamento da reforma

O PSdeG reclama unha comisión de estudo da proposta galega para o novo modelo de financiamento autonómico logo do adiamento da reforma

Méndez Romeu denuncia a retirada das vacinas da varicela para nenos e nenas e acusa a Feijóo de “liquidar un sistema de saúde pública modélico”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou hoxe que os socialistas presentarán no Pleno do Parlamento unha proposta para a convocatoria dunha Comisión que estude unha proposta galega diante do novo modelo de financiamento autonómico. Así o dixo logo de coñecer o novo adiamento da negociación acordado polo goberno central e varias comunidades autónomas.

Méndez Romeu lembrou que o PP rexeitara na anterior Xunta de Portavoces a solicitude de Comisión presentada polos socialistas galegos alegando a proximidade do debate da reforma do financiamento autonómico, inicialmente previsto para maio. O retraso do mesmo deixa agora sen este argumento ao PP, polo que os socialistas presentarán no próximo Pleno unha proposición non de Lei para convocar dita Comisión de Estudo.

O responsable socialista lamentou a falla de posicionamento coñecido por parte do goberno galego diante do futuro modelo de financiamento autonómico, cando se trata dun asunto que “necesita o máximo grao de aproximación entre as forzas políticas”. O obxectivo, sinalou, debe ser que Galicia manteña a actual capacidade financeira e mesmo que incremente a súa participación sobre determinadas figuras impositivas.

Salientou a necesidade de avanzar na cesión de algúns impostos, como é o aplicable sobre os depósitos bancarios, ao que o goberno se amosa reacio, así como explorar a capacidade recadatoria sobre novos tributos coñecidos como “fiscalidade verde”, aplicado sobre as empresas que producen emisións contaminantes. Ademais Galicia debe facer primar a dispersión e envellecemento da poboación para acceder a mais recursos.

Explicou que a nova negociación debe partir sobre a base do acordo de 2009, en virtude do cal Galicia percibía un 6 por cento por enriba da media, evidenciando un “acordo beneficioso para Galicia”. Tamén propuxo recuperar o Fondo de Compensación Interterritorial, que co goberno do PP está acadando “niveis meramente simbólicos”.

Sistema sanitario

O responsable socialista tamén anunciou que o próximo Pleno do Parlamento incluirá unha pregunta oral dos socialistas galegos para dar conta da retirada da vacina da varicela para nenos e nenas do sistema público de saúde e mesmo das farmacias galegas. Denunciou que a “liquidación dun sistema sanitario público modélico” por parte de Feijoó e do PP obriga aos galegos e galegas a viaxar a Portugal para vacinar aos seus rapaces.

Sinalou que a propia Sociedade Española de Pediatría aconsella a aplicación desta vacina os nenos e nenas, o que non impide que o goberno galego aseste un novo chanzo no seu camiño de recortes. Dixo que esta medida vai na liña da supresión histórica de camas hospitalarias prevista para este verán ou o envío de doentes crónicos e oncolóxicos “para casa, para deixar sitio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar