O PSdeG reclámalle á Xunta que medie fronte á Axencia Tributaria para frear o cobro desproporcionado e implacable aos galegos e galegas que teñen que recorrer á dación en pago do seu piso

O PSdeG reclámalle á Xunta que medie fronte á Axencia Tributaria para frear o cobro desproporcionado e implacable aos galegos e galegas que teñen que recorrer á dación en pago do seu piso

O PSdeG reclámalle á Xunta que medie fronte á Axencia Tributaria para frear o cobro desproporcionado e implacable aos galegos e galegas que teñen que recorrer á dación en pago do seu piso

Xosé Sánchez Bugallo advirte persoas que teñen que entregar o seu piso atópanse con débedas de ata 12.000 euros

Sinala que a situación do PP no Concello de Santiago é “tan excepcional como lamentable” e reclámalle a Agustín Hernández que explique “porque non quere ser concelleiro”

O portavoz de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, reclamoulle hoxe ao goberno galego que medie fronte á Axencia Tributaria para parar o cobro dos supostos beneficios das familias que teñen que recorrer á dación en pago das súas vivendas. O responsable socialista anunciou que os socialistas presentarán unha iniciativa en Pleno neste sentido.

Sánchez Bugallo explicou que hoxe hai 650 galegos e galegas que tiveron que darlle o seu piso ao banco por non poder afrontar o pago da hipoteca, acolléndose ao decreto que regula a dación en pago, agora teñen que saldar unha débeda coa Axencia Tributaria que en ocasións chega aos 12.000 euros. Reclamoulle ao goberno galego que pare a súa “implacable campaña de captación de fondos” e que non considere a dación en pago como enriquecemento das familias.

Sinalou que este proceso deriva da diferenza entre o prezo de compra da vivenda e o importe da dación en pago, incluíndo o pago da débeda, os xuros e os custes da cancelación da hipoteca. Estes son contemplados por Facenda como beneficio, e polo tanto tributan como ganancia patrimonial, sen ter en conta que a familia tivo que recorrer precisamente a esta medida por non ter liquidez para asumir as débedas.

Os socialistas galegos reclámanlle ao goberno galego que se dirixa á Axencia Tributaria para que deixe de reclamar impostos a estas persoas e que os expedientes xa iniciados se deixen sen efecto.

Lembrou que de acordo coa normativa actual, os únicos que non están obrigados a asumir o pago do tributo son as unidades familiares nas que ningún dos seus membros obteñan ingresos ou que a cota hipotecaria resulte superior ao 60 por cento das retribucións netas obtidas pola familia.

Tamén se lles esixe que carezan doutros bens ou dereitos patrimoniais, que non se presentaran avais e que a hipoteca fora concedida para unha única vivenda en propiedade do debedor.

Concello de Santiago

O deputado socialista dixo hoxe que a situación do PP no Concello de Santiago resulta “tan excepcional como lamentable”, logo de que dos 15 primeiros membros da lista electoral só queden dous logo das imputacións e condenas xudiciais dos seus membros. Advertiu que resulta excepcional por canto non hai ningún caso semellante en España e lamentable “polas circunstancias que o rodean”.

Lembrou que os sete últimos foron condenados por un delito de prevaricación ao decidir pagarlle o avogado ao concelleiro Adrián Varela nunha xuntanza de goberno que tiña que presidir o actual alcalde, tamén imputado, que “estaba no despacho do lado sen ningunha ocupación aparente”, o que, dixo, “non parece unha mera coincidencia”.

Advertiu que aínda quedan outros 11 membros da candidatura do PP de Santiago, entre eles o actual conselleiro de Territorio, Agustín Hernández, que deben asumir o posto de concelleiros mentres “o PP só fala de buscar xente de fora”. Preguntoulle ao número tres do PP que explique “que papel xogaba pechando a lista do Concello” e ata onde chega o seu compromiso coa cidade de Santiago para renunciar a ser concelleiro.

Preguntou ironicamente si Hernández presentouse como candidato para exercer de “gardacostas ou figurante”, e sinalou que “hoxe ten a obriga moral de explicarlle á cidadanía de Santiago porque non quere ser concelleiro”.

Feijóo

Sánchez Bugallo explicou que a situación do PP no Concello é un problema “moi específico do PP” no que nada ten que ver o resto da Corporación Municipal. Lembrou que o actual presidente da Xunta é quen ten que responder á elección do anterior alcalde, Conde Roa, que dimitiu logo de ser condenado por fraude fiscal, quen foi “designado, de dedo –aclarou- por Feijóo como presidente do partido e Rueda como secretario xeral” logo de disolver a executiva local e nomeou unha xestora.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar