O PSdeG reclama á Xunta homoxeneizar os números de emerxencias e seguridade cidadá baixo o 112

O PSdeG reclama á Xunta homoxeneizar os números de emerxencias e seguridade cidadá baixo o 112

O PSdeG reclama á Xunta homoxeneizar os números de emerxencias e seguridade cidadá baixo o 112

O portavoz de Interior do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Juan Carlos Francisco Rivera, ven de presentar unha Proposición non de Lei para que a Xunta homoxeneice e integre tódolos números de emerxencias e seguridade cidadá baixo o 112.

O responsable socialista acusa ao PP de ter paralizado dende a súa chegada á Xunta o contrato de adquisición dunha plataforma tecnolóxica a instalar na Axencia Galega de Emerxencias, asinado polo goberno socialista en febreiro de 2009 e que permitiría implantar o 112 como número único. Este contrato, xunto cos relativos á construción da nova sede de Axega, foron anulados polo actual goberno da Xunta de Galicia.

Francisco Rivera reclama a reactivación deste proceso “promovendo as modificacións legais e regulamentarias que sexan precisas e instando, se fose o caso, o establecemento de convenios e protocolos coa administración estatal para a implantación en Galicia dun número único de emerxencias”.

Sinala que o establecemento dun sistema de coordinación de emerxencias “realmente operativo” pasa porque o número 112 “acabe sendo o único número que os cidadáns galegos identifiquen como número de emerxencias” e permita “homoxeneizar a política de emerxencias e seguridade pública establecendo un único número”.

En opinión de Juan Carlos Francisco, a implantación do 112 como número único de emerxencias está xustificada por motivos de “eficiencia, eficacia e mesmo de índole económico”. Sinala que a implantación dunha única plataforma tecnolóxica, a supresión das centrais telefónicas dos números de emerxencias e a eliminación de redes “permitirá un aforro económico importante”.

Explica que a estrutura socio – xeográfica do país, con máis de 30.000 núcleos de poboación, unha porcentaxe moi importante de poboación do rural envellecida e vivindo en aldeas de menos de 10 habitantes explica esta necesidade. Apunta que esta situación “xustifica con máis razón adoptar medidas que permitan a implantación paulatina do 112 como número único de referencia en materia de emerxencia e seguridade cidadá”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar