O PSdeG reclama a Sanidade que retire o Catálogo de Medicamentos para garantir aos galegos os mesmos fármacos que ao resto do Estado

O PSdeG reclama a Sanidade que retire o Catálogo de Medicamentos para garantir aos galegos os mesmos fármacos que ao resto do Estado

O PSdeG reclama a Sanidade que retire o Catálogo de Medicamentos para garantir aos galegos os mesmos fármacos que ao resto do Estado

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou de novo á Consellería de Sanidade que retire o catálogo de medicamentos para garantir aos galegos e galegas os mesmos fármacos que no resto do Estado. Dixo que “os datos evidencian que non existiu un maior aforro en Galicia co catálogo vixente e si grazas ás medidas aplicadas polo Ministerio de Sanidade”.

Sinalou que a decisión de hoxe do Tribunal Constitucional de levantar a suspensión do catálogo “non afecta ao desenvolvemento da sentenza”. Presentou os datos de facturación de receitas médicas do Sistema Nacional de Saúde que constatan que “tódalas autonomías aforran polas medidas do Ministerio de Sanidade, pero só aos galegos e galegas se lles retiran 427 medicamentos que si teñen no resto do Estado”.

O responsable socialista dixo que durante a etapa en que o catálogo estivo vixente, entre xaneiro e marzo, “non existiu un maior aforro en Galicia que no resto do Estado” mentres entre abril e maio, cando o catálogo estaba suspendido polo Tribunal Constitucional, “Galicia aforrou na mesma medida que o resto das autonomías polas medidas de control do gasto aplicadas polo Ministerio de Sanidade”.

Por este motivo pediu á conselleira de Sanidade “que retire o catálogo” sen esperar a unha sentenza do Tribunal Constitucional para “volver á situación anterior e garantir que os galegos e galegas teñen acceso aos mesmos medicamentos que o conxunto dos españois” e que “aplique as medidas de aforro impulsadas polo Ministerio de Sanidade a través do Sistema Nacional de Saúde”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar