O PSdeG reclama a comparecencia de Feijóo para explicar a ausencia de iniciativas a favor do emprego e esíxenlle a conselleira de Sanidade que explique o caso de nepotismo

O PSdeG reclama a comparecencia de Feijóo para explicar a ausencia de iniciativas a favor do emprego e esíxenlle a conselleira de Sanidade que explique o caso de nepotismo

O PSdeG reclama a comparecencia de Feijóo para explicar a ausencia de iniciativas a favor do emprego e esíxenlle a conselleira de Sanidade que explique o caso de nepotismo

Carmen Gallego anuncia unha Proposición de Lei para retirar a suba do canon de Sogama e unha xornada sobre a política de xestión de residuos aberta á cidadanía

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, presentou a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta para dar conta da ausencia de políticas a favor da creación de emprego. Esta solicitude será presentada na Xunta de Portavoces de mañá para incorporar ao Pleno da próxima semana.

Gallego esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que dea conta da súa actuación diante “da principal preocupación dos galegos e das galegas”, que é o desemprego, e da suba do paro un 70,74 por cento, ata acadar os 281.077 desempregados en Galicia, dende que chegou ao goberno. Advertiu ademais da situación “dramática” das 92.800 familias que teñen a tódolos seus membros no paro.

Lamentou que ata o día de hoxe o presidente da Xunta se teña negado a comparecer no Pleno do Parlamento rexeitando tódalas solicitudes de comparecencia presentadas polos socialistas galegos. Lembrou que Feijóo ten rexeitado tódalas propostas de resolución a favor dun Pacto polo Emprego presentadas tanto nos debates do Estado da Autonomía como nas emendas aos orzamentos do goberno galego.

Os socialistas galegos tamén demandan a comparecencia da conselleira de Sanidade no próximo Pleno do Parlamento para explicar o caso de nepotismo xulgado e condenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para concederlle “a dedo” a xefatura do servizo de Cirurxía do Hospital de Santiago ao seu propio marido.

Carmen Gallego reclamoulle ao presidente da Xunta que acepte a dimisión que lle ten enviado a conselleira, como ela mesma admitiu, e lembrou que ninguén explicou a día de hoxe un “caso de nepotismo” confirmado polos tribunais. Acusou ao goberno galego de escudarse trala comparecencia dunha directora xeral de Recursos Humanos, mentres os máximos responsables néganse a dar conta do caso.

Sogama

Os socialistas galegos levarán ao próximo Pleno do Parlamento unha proposición de Lei para modificar a Lei de Residuos de Galicia e anular a suba “intolerable” do canon de Sogama nun 34 por cento, tal e como teñen decidido Feijóo e Rajoy “unilateralmente e sen diálogo”.

Carmen Gallego explicou que esta iniciativa defende facer de Sogama “a sociedade que integre tódolos modelos de xestión de residuos de Galicia”, ao tempo que fai saír da entidade tódolos intereses privados do lixo.

A proposta inclúe ademais a aprobación dun novo Plan de Residuos de Galicia logo do actual “fracasado pola xestión do goberno galego”, xerar un mercado da reciclaxe que axude a xerar postos de traballo e considerar a incineración como “a última opción”.

Xornada

Carmen Gallego anunciou que os socialistas galegos organizarán o próximo venres unha xornada sobre Política de Xestión de Residuos en Galicia que terá lugar no Parlamento de Galicia. Sinalou que “mentres Feijóo non fala do que lle preocupa á cidadanía, como é o paro, e négase a dar conta no Parlamento dos casos de nepotismo do seu goberno, os socialistas queremos abrir as portas da Cámara á cidadanía”.

Esta será a primeira dunha serie de xornadas abertas para crear un Parlamento “mais achegado, aberto á rúa e mais útil para a cidadanía”, que atopará “as portas abertas para falar das cousas que lles importan”.
Xornada sobre Política de Xestión de Residuos

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar