O PSdeG solicita a comparecencia da presidenta do Consello Consultivo para avaliar a Lei de reforma do órgano

O PSdeG solicita a comparecencia da presidenta do Consello Consultivo para avaliar a Lei de reforma do órgano

O PSdeG solicita a comparecencia da presidenta do Consello Consultivo para avaliar a Lei de reforma do órgano

Méndez Romeu acusa ao PP de “impedir deliberadamente o pronunciamento do ente sobre o texto” que o reforma

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, solicitou a comparecencia da presidenta do Consello Consultivo de Galicia, María Teresa Conde – Pumpido, para que realice unha valoración sobre a proposición de Lei de reforma do ente presentada polo PP no Parlamento.

O responsable socialista advertiu que o PP presenta esta reforma como Proposición de Lei para evitar que o goberno, ao presentala como Proxecto de Lei, tivera que achegar os informes internos, así como o do propio Consello Consultivo, sobre a reforma do órgano. O goberno galego, dixo, “impide deliberadamente o pronunciamento do ente sobre o texto que o reforma”.

Os socialistas galegos reclaman a comparecencia da presidenta no debate parlamentario sobre a proposición de Lei “para coñecer a súa valoración ou informe” sobre a iniciativa do PP “o que redundaría nunha visión mais completa e experta sobre a proposta presentada, á vez que contribuiría a realizar unha valoración mais axustada por parte dos grupos parlamentarios ao respecto das posibles emendas a presentar”.

Méndez Romeu sinala que con esta iniciativa “se acadaría a lóxica participación da institución galega sobre a que se lexislará”. Os socialistas galegos demandan ao PPdeG “consenso” na reforma do Consello Consultivo de Galicia, ademais de solicitar que non haxa “limitacións” no relativo á experiencia, idade e especialidade dos membros do órgano asesor.

Amosouse “de acordo en que pode ser necesaria unha actualización da norma, pero non compartiremos unha limitacións das funcións ou dos perfís dos membros electos do Consello Consultivo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar