O PSdeG reclama a aplicación da Lei de Memoria Histórica en Galicia

O PSdeG reclama a aplicación da Lei de Memoria Histórica en Galicia

O PSdeG reclama a aplicación da Lei de Memoria Histórica en Galicia

Méndez Romeu anuncia no Parlamento o voto en contra da proposición de reforma da Lei de Amnistía polas súas eivas xurídicas

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamou hoxe no Parlamento a aplicación da Lei de Memoria Histórica por parte do goberno galego, que “non quere aplicar” as leis aprobadas polos socialistas. O responsable socialista interveu no debate da proposta de reforma da Lei de Amnistía presentada polo BNG que os socialistas rexeitaron polas súas eivas xurídicas.

Explicou que “logo de 40 anos non podemos vir aquí a contar os mortos nin a laiarnos” cunha proposta de reforma lexislativa que “non deixa claro quen poden ser as persoas afectadas que poidan ser perseguidas a esta altura”. Dixo que se trata dun “texto emocional que dificilmente supera unha análise xurídica” e apelou ao gran acordo de todo o Parlamento á Lei de 1977, aprobada coa abstención de Alianza Popular.

Ademais, tampouco aclara a consideración de irretroactividade da Lei Penal prevista pola Constitución nin está claro que os supostos afectados non poidan ser perseguidos polos seus delitos ao abeiro dos tratados internacionais “sen necesidade de ningunha outra actuación”.

Sinalou que a Lei de Amnistía “non foi unha Lei do esquecemento” e en calquera caso lembrou que a “necesidade de coñecemento” que deixaba aberta foi cuberta pola Lei de Memoria Histórica aprobada polo PSOE en 2006 e impulsada polo daquela ministro de Xustiza e hoxe deputado socialista no Parlamento de Galicia Francisco Caamaño.

Dita Lei, dixo, recoñece o dereito individual á memoria histórica, proclama o carácter inxusto de condenas e sancións por expresións derivadas de violencia ideolóxica e política no período franquista, e establece o criterio de rehabilitación individual a través dunha declaración que pode ser solicitada por tódalas persoas.

Tamén proclama a ilexitimidade de tódolos tribunais xurados e órganos de represión, e polo tanto as súas condenas, derroga as normas daquela vixentes e amplía o recoñecemento de dereitos e indemnizacións. Ademais, establece o procedemento de exhumación, recuperación e identificación de restos que poidan permanecer en fosas comúns e “de paso regulamento a retirada de símbolos do franquismo e da ditadura”.

Política autoritaria de Feijóo

Acusou ao goberno galego de renunciar a aplicar dita Lei xa que “Feijóo considera que os logros daquelas Cortes constituídas xa non teñen vixencia e non aplica a Lei de Memoria Histórica, tal e como cre unilateralmente que pode rachar as leis de convivencia adaptando as leis electorais á súa conveniencia no eido da autonomía ou dos concellos”.

Acusou ao presidente da Xunta de agochar unha “política autoritaria” baixo un “leve disfraz”, o que “non contribúe precisamente á convivencia no noso país”. Lamentou que a iniciativa o BNG “non esixa ao goberno de Galicia o cumprimento expreso da normativa por desenvolver a memoria histórica e prefira botar a mirada ao pasado”.

Méndez Romeu lembrou hoxe o gran acordo de todo o arco parlamentario para aprobar en 1977 a Lei de Amnistía, coa excepción de Alianza Popular, matriz do PP, que se abstivo fronte ao voto a favor de UCD, PSOE, as minorías vasca e catalana e do PC. Aquel acordo respondeu, dixo, ao proceso aberto dende a caída do franquismo para “superar as consecuencias da división fratricida” sufrida por España dende o Antigo Réxime.

Tributo de sangue

O portavoz do Grupo Socialista lembrou tamén o “formidable tributo de sangue” pagado polos socialistas galegos dende o golpe de Estado que provocou a Guerra Civil, con 34 deputados socialistas asasinados, centos de alcaldes fusilados, milleiros de afiliados “pagaron coa vida a defensa da legalidade das institucións republicanas” e outras ducias de milleiros foron exiliados polo terror desatado polo franquismo.

Lembrou así as palabras de Indalecio Prieto, portavoz do Grupo Socialista nas cortes no exilio, en 1944, cando salientou que “nin un só deputado socialista rendeuse, pactou nin claudicou co franquismo”.

Dita actitude, sinalou Méndez Romeu, “non foi exclusiva do PSOE”, e salientou os asasinatos en Galicia do deputado vigués Heraclio Botana, os alcaldes Beade e Quintanilla, o alcalde republicano da Coruña Suárez Ferrín, o deputado conservador da Costa da Morte Pepe Miñones, o nacionalista Bóveda, ou o alcalde Anxo Casal, entre outros.

Salientou a tamén os 200.000 exiliados enviados aos campos de concentración de Francia e que sufriron as consecuencias do exilio e do franquismo, como o presidente da República Manuel Azaña, o presidente do Consello de Ministros, Largo Caballero, o ministro Azagoitia, asasinado, ou o presidente da Generalitat, Lluis companys.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar