O PSdeG reafirma o seu compromiso cos veciños da Gudiña

O PSdeG reafirma o seu compromiso cos veciños da Gudiña

O PSdeG reafirma o seu compromiso cos veciños da Gudiña

O secretario Xeral da CEP, Raúl Fernández, xunto ao portavoz da Gudiña, Miguel Ángel Rodríguez, reafirmou o compromiso dos socialistas cos veciños da Gudiña e sinalou que o Partido Popular está detrás “da situación límite absolutamente inxusta, arbitraria e discriminatoria” da que foi vítima o concelleiro e sacerdote Antonio Fernández.

Raúl Fernández cualificou a reunión de onte á tarde coa agrupación local da Gudiña “extensa, intensa, aberta clara e leal”, onde a dirección provincial e os militantes se escoitaron e chegaron “a un estupendo resultado final no que aclaramos todos os posibles malentendidos que puideron haber existido nos últimos días” e se marcou unha folla de ruta de cara ás accións necesarias para dar resposta ás necesidades e inquedanzas dos veciños da Gudiña.

“Cremos que a presencia dos socialistas na Gudiña é máis necesaria que nunca”, dixo, ao que engadiu que a partir de agora os concelleiros socialistas da Gudiña e o conxunto da militancia vai dar unha resposta moi satisfactoria aos votantes e veciños da Gudiña que confiaron en nós.

“A dirección provincial e os militantes vamos camiñar xuntos con espíritu claro de colaboración de novas iniciativas, tendo claro que quen provocou esta situación é o Partido Popular”, dixo.

Neste sentido, Fernández afirmou que así o demostra ver ao alcalde da Gudiña “pavonearse” de ter sido quen de facer dimitir a un concelleiro do Partido Socialista “polo mero feito de non ser da súa corda” e de que podía utilizar ademais unha institución como é a Igrexa para poñer a este concelleiro “nunha situación límite absolutamente inxusta, arbitraria e discriminatoria”.

A esta situación Fernández achacou a “desazón, ansiedade e impotencia” á que chegou a agrupación local socialista da Gudiña, despois de ver que “a Igrexa desprezou aos seus fieis para someterse ao caciquismo do PP”.

“Indignados hoxe estamos os socialistas da Gudiña”, agregou, porque a Igrexa “predica unha cousa e os seus dirixentes fan absolutamente a contraria”, polo que a presencia dos socialistas se fai máis necesaria que nunca tanto na Gudiña como en toda a provincia, “e ese é o noso compromiso”.

O secretario Xeral provincial insistiu na inxustiza e na discriminación do acontecido co concelleiro da Gudiña, “cando todos sabemos que hai curas que piden activamente o voto para o PP, que predican política dende o púlpito, que estiveron de concelleiros e portavoces como en Castrelo do Val, e incluso promoveron mocións de censura cunha maioría absoluta do Partido Socialista”, polo que non se entende agora “unha inxustiza tan grande” con unha persoa que, “polo que manifestan os seus fieis, endexamais se meteu en política nin dixo unha palabra dende a Igrexa nin fóra da Igrexa, nin pediu o voto para o Partido Socialista”.

Na mesma rolda de prensa o portavoz socialista da Gudiña, Miguel Ángel Rodríguez refrendou as palabras do secretario Xeral provincial, e afirmou que “as conclusións positivas da reunión nos farán ser máis fortes”, e que a reunión foi moi esclarecedora.

Rodríguez subliñou que a situación veu propiciada polo Partido Popular da Gudiña, polo alcalde que xa en 2009 “buscou o amparo do cacique Baltar para que lle botara unha mao no Bispado para trasladar ao párroco”, e que nos últimos días fixo efectiva a ameaza que fixera públicamente “de que el se iba encargar de non ter que aguantar alí ao cura estes catro anos”.

Así, dixo que a agrupación local viuse “desbordada pola situación”, pero a conclusión é que “hai que traballar xuntos para evitar excursións de portugueses que veñen pagados a votar e a facer un favor ao alcalde”, así como evitar as políticas de favores nas contratacións do Concello da Gudiña.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar