O PSdeG reafirma a oposición á incineradora en calquera punto da provincia

O PSdeG reafirma a oposición á incineradora en calquera punto da provincia

O PSdeG reafirma a oposición á incineradora en calquera punto da provincia

O Partido Socialista participou esta tarde nun acto político no que manifestou a súa total oposición á instalación dunha planta incineradora de lixo no Irixo, postura que levarán ao pleno municipal que previsiblemente se celebrará a vindeira semana.

O portavoz socialista neste concello, Javier Rodríguez, celebra que por fin o Pleno municipal debata unha moción sobre o principal de tema de actualidade no Irixo dende hai moitos anos.

Así, o edil socialista recolleu esta tarde preguntas dos veciños que trasladará ao alcalde no Pleno, tarefa á que se adica dende hai días e continuará no día de mañá.

No acto, os socialistas explicaron que non é necesaria unha segunda Sogama, senón que hai que apostar pola reutilización e a reciclaxe dos residuos, polo que se oporán á instalación desta planta en calquera ubicación da provincia, como veñen facendo nos últimos meses.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar