O PSdeG quere saber a opinión de Feijóo tras demostrarse que a condena a Marcial Dorado é por delitos cometidos cando eran amigos

O PSdeG quere saber a opinión de Feijóo tras demostrarse que a condena a Marcial Dorado é por delitos cometidos cando eran amigos

O PSdeG quere saber a opinión de Feijóo tras demostrarse que a condena a Marcial Dorado é por delitos cometidos cando eran amigos

Marisol SoneiraOs socialistas galegos esixen ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “algún tipo de explicación” tras coñecerse que a condena ao narcotraficante Marcial Dorado é por delitos cometidos na época en que ambos eran amigos e viaxaron xuntos a varios países.
A deputada do grupo socialista Marisol Soneira acusa ademais ao Goberno galego de agochar os contratos de Feijóo coas empresas do narcotraficante amigo seu, baixo a xustificación de que unhas inundacións dos arquivos onde estaban destruíron os documentos.
“Como pasa coa Operación Zeta ou co presunto financiamento irregular do PP de Ourense, Núñez Feijóo nunca sabe nada e elude comparecer no Parlamento para explicarlle a todos os galegos que relacións tiña con Dorado ou con Pachi Lucas”, sostén Soneira.
Os socialistas galegos reclamaron en varias ocasións que o Goberno galego aparte aos altos cargos responsables “da desaparición ou destrución desta documentación oficial”. Soneira considera que negándose a entregar os contratos, Feijóo demostra que “impulsa unha democracia limitada ao mínimo imprescindible” para eludir o control dos gobernos.
En opinión dos socialistas, a falla de control sobre o Executivo “deriva inexorablemente en corrupción”, e denuncian que o goberno galego “antepón a razón de partido aos intereses de país e dos cidadáns”, centrándose exclusivamente no “interese electoral”.
A Xunta eludiu presentar na Cámara autonómica a documentación correspondente aos contratos asinados pola Xunta coas empresas de Marcial Dorado na etapa en que Feijóo dirixiu o Sergas, entre os anos 93 e 98. Soneira engade que o Goberno galego tamén evita mostrar os contratos coas empresas que aparecen no sumario do caso Gürtel e que tamén contrataron coa Xunta como parte do presunto financiamento irregular do PP.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar