O PSdeG propón unificar en Xestur Galicia aos catro organismos provinciais

O PSdeG propón unificar en Xestur Galicia aos catro organismos provinciais

O PSdeG propón unificar en Xestur Galicia aos catro organismos provinciais

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia levou á toma en consideración do Pleno da proposición de lei para a fusión das catro xestures provinciais nunha única Xestur a nivel de Galicia. Con independencia de que se poida continuar contando con aqueles socios minoritarios, actualmente, ademais non homoxéneos nas catro xestures provinciais.

Segundo explicou o portavoz de vivenda dos Socialistas de Galicia, Luis Toxo, esta lei determinaría a natureza xurídica e dependencia desta nova sociedade, así como a súa organización e funcionamento, dentro dun esquema único e que provocaría con respecto a situación actual superar algunhas disfuncións que existían nas xestures provincias.

Á súa vez como novidade constitúese un órgano colexiado de participación e seguimento para levar a cabo funcións de asesoramento e impulso nas materias propias de Xestur Galicia S.A, a cal deberá realizar unha serie de actuacións que levarán consigo obter unha planificación da que se deriven plans anuais de actuación en materia de vivenda e solo.

O obxectivo desta lei para a unificación das xestures nunha soa, é crear “un instrumento máis potente, mellor coordinado un instrumento de planificación territorial, producindo as conseguintes economías de escala e aforros na xestión e control”.

Os socialistas “vimos insistindo desde principio de lexislatura da necesaria e da urxente racionalización deste sector público para adaptalo aos tempos actuais”, deste xeito primaríase unha política non fragmentada, cunha visión territorial única, evitando repartos irracionais e insolidarios.

Reprochou o parlamentario socialista que nunca se incluíra por parte dos anuncios que facía en outubro o conselleiro de Presidencia, de racionalización do que el mesmo chamaba administración paralela. Para os socialistas, recriminou Toxo ao Goberno, as medidas de racionalización e diminución administrativa constitúen un “proceso lento, carente da necesaria ambición política que, por outra parte tan ben os caracteriza”.

As xestures, participadas pola Xunta ata un 90%, promocionaron solo produtivo empresarial e industrial atendendo basicamente nos períodos gobernados polo PP, a “criterios coñecidos eufemísticamente como de proveito localista”, apunta Luis Toxo, incluso definidos na prensa como “proveitos de rumiantes”, en alusión a que en determinados polígonos rumiaban ovellas, e vacas, xa que, continúa o deputado socialista, non se seguiron “planificiacións rigorosas que permitiran vertebrar o territorio”, tendo en conta demandas reais de poboación, comunicacións ou telecomunicacións.

A política de solo dos gobernos populares foi está definida, a xuízo de Toxo Ramallo, pola circunstancia de que cando en Galicia se demandaba de xeito real solo industrial, non se fixo e, logo, cando se dispuña del quedou unha alta porcentaxe del sen vender debido á dureza da crise e a conseguinte restrición crediticia.

Rexeitou o parlamentario socialista que a maioría do Partido Popular rexeite a proposición de lei socialista só porque proveña da oposición, e se argumente que xa se está a traballar nese mesmo tema desde a Xunta.

Recorreu Toxo Ramallo a Machado para replicar ao popular, Rodríguez Miranda, que non se constrúen as casas “tirándonos ladrillos moi educadamente uns aos outros á cabeza”. Non se trataba de “reprochar o mal que tiñamos feito no pasado”, dixo en resposta ás constantes alusións dos populares ao goberno anterior, e reivindicou o deber que acolle á Oposición a criticar o que lle pareza que non fai ben o Goberno e propoñer alternativas”.

Acusou ao Goberno de Feijóo de tender a “esaxerar as súas realizacións potenciais”. Así citou anuncio dunha política industrial, cun investimento, atra 2012 de 373 millóns de euros, cunha previsión de creación de 61.000 postos detraballo. Para Toxo “estes excesos sonen certa medida velenos da razón ou esperanzas, que son un bo almorzo, pero unha malísima cea”.

Recriminou a falta de argumentos do PP para rexeitar esta proposición de lei, pero reprochoulle que “se trata dunha idea concreta, ben ideada e ben desenvolvida, que non debe ser moi mala cando vostedes anuncian outra moi semellante”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar