O PSdeG propón unha ambiciosa reforma da Lei Electoral consensuada cos Grupos da Cámara galega

O PSdeG propón unha ambiciosa reforma da Lei Electoral consensuada cos Grupos da Cámara galega

O PSdeG propón unha ambiciosa reforma da Lei Electoral consensuada cos Grupos da Cámara galega

Pilar Cancela, secretaria de Organización do PSdeG, anunciou que, ante o inmobilismo do PP, os socialistas intentarán consensuar co resto de grupos unha reforma que en lugar de recortar escanos aborde asuntos como a redución de gastos electorais e de papeletas, a reforma do regulamento ou medidas contra a corrupción

A dirixente socialista rexeitou os argumentos populares baseados no cumprimento do seu programa e esixiu ao PP que cumpra os seus compromisos electorais en materia de emprego ou de servizos públicos en lugar de aplicar recortes e privatizacións

Cancela criticou a contradición de propoñer a redución de deputados no Parlamento mentres aumenta o número de altos cargos e os soldos na Deputación da Coruña

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, afirmou en rolda de prensa que o PSdeG está disposto a u achegamento para falar dunha reforma ambiciosa da lei electoral cos demais grupos da Cámara que aposten polo consenso en lugar de pola imposición, postura que manteñen os populares.

A número dous da Executiva dos socialistas galegos preguntouse pola “présa” do PP por ter este asunto resolto, así como os motivos polos que se ten que circunscribir o debate soamente á redución do número dos deputados. Toda vez que os socialistas “xa ofrecemos alternativas de aforro mantendo o número de parlamentarios”. Cancela esixe unha resposta clara do PP sobre “se acepta ou non manter o número actual de deputados co custo que terían 61” e sobre se “están dispostos ou non a buscar un consenso para poder falar ou seguen manténdose no si ou si”, e censura o cambio de argumentos dos populares, pasando de argumentar “o aforro e a austeridade” para tomar esta medida a dicir agora que quedan sen esta coartada que é “unha cuestión simbólica”. Os socialistas reprochan ao PP que “Galicia neste momento non está para símbolos, senón para feitos”, e recriminou aos Gobernos do PP a súa actuación en materia de sanidade, educación o naval ou os repagos, “que son os verdadeiros problemas esenciais dos cidadáns”.

A dirixente socialista explicou que, para o PSdeG, Galicia é “unha comunidade histórica” que non ten que perder peso a través da redución da súa representatividade política. Defendeu unha reforma na que se abordara a redución de gastos electorais mediante medidas como a redución das campañas e a supresión do envío de papeletas, que ten un custo de case dous mill’ons de euros por proceso electoral; falar de listas electorais desbloqueadas no camiño cara a listas abertas; facilitar que os cidadáns podan presentar iniciativas lexislativas populares; reformar o Regulamento da Cámara autonómica para garantir o funcionamento das comisións de investigación, incrementar a transparencia nos debates e ampliar os períodos de sesións ou establecer consenso cos mecanismos de prevención da corrupción.

Cancela rexeitou a apelación dos populares á necesidade de cumprir co seu programa para levar a cabo un recorte de deputados de xeito unilateral, pola vía do si ou si. Instou aos de Feijóo a cumprir o compromiso cos cidadáns en “outros temas esenciais para as súas vidas, como o emprego ou o mantemento dos servizos públicos”.

Tampouco aceptou a secretaria de Organización do PSdeG o argumento da austeridade do PP, xa que é válido para o parlamento pero non para a Deputación da Coruña, onde, acusou Cancela, “están creando postos de altos cargos e subindo salarios en contra dos informes dos funcionarios públicos”. Definiu o modelo para Galicia dos populares como “o de menos pluralismo democrático e máis custe para os cidadáns”. Cancela considera que “non é de recibo propoñer un Parlamento máis barato e unha deputación máis cara”, resumiu.

A dirixente socialista anunciou que o grupo socialista no Parlamento xa rexistrou iniciativas para que o Parlamento e o Goberno de Feijóo reprobe e explique estas presuntas ilegalidades no Pleno “ata esclarecer ata o fondo este asunto e chegar ás últimas consecuencias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar