O PSdeG propón un chan social para garantir o subministro de auga, luz e gas ás familias en dificultades económicas

O PSdeG propón un chan social para garantir o subministro de auga, luz e gas ás familias en dificultades económicas

O PSdeG propón un chan social para garantir o subministro de auga, luz e gas ás familias en dificultades económicas

Abel Losada reclámalle ao goberno galego unha liña de axudas que permita garantir o subministro ás familias en situación de pobreza enerxética

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, propuxo hoxe o establecemento dun chan social para garantir o dereito ao subministro de luz, auga e gas. Losada reclamoulle hoxe á Xunta que habilite unha liña de axudas sobre un subministro mínimo de electricidade e gas para que ningún fogar poida ser privado de cobertura enerxética de subsistencia entre o 1 de novembro e o 31 de marzo.

O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para “garantir o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza enerxética”, é dicir, aqueles que non poidan pagar os servizos de enerxía da vivenda.

Losada quere que a Xunta inste ao Goberno central a que modifique a Lei de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas de 2013 para que as empresas subministradoras non poidan suspender o abastecemento de auga a unha familia por razóns económicas cando os recursos familiares non permitan cubrir o seu pago.

O parlamentario socialista advirte que, si as empresas eléctricas españolas son receptoras de grandes beneficios, “por qué non se lles vai poder pedir que dediquen unha parte deses beneficios a constituír un fondo de emerxencia para non cortar a luz ou a auga ás familias que non poidan pagalas”. Sinala neste sentido que a solidariedade na busca de solucións “non só debe comprometer aos poderes públicos, senón tamén ás empresas”.

Pobreza

Sinala que as políticas económicas do PP “están incrementando dunha maneira brutal a pobreza e a exclusión social”, chegando a que en Galicia “un 25 por cento da poboación atópase nunha situación de risco de pobreza, pobreza ou exclusión social”.

Lembra que “neste contexto económico, social e laboral, os socialistas propoñemos medidas para combater a pobreza enerxética e evitar que a estas persoas e familias se lles poida cortar o subministro eléctrico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar