O PSdeG propón un acordo para garantir a viabilidade, eficiencia e calidade da Administración Local

O PSdeG propón un acordo para garantir a viabilidade, eficiencia e calidade da Administración Local

O PSdeG propón un acordo para garantir a viabilidade, eficiencia e calidade da Administración Local

O PSdeG proporá unha reforma da Administración Local que garanta a súa viabilidade, eficiencia e calidade, e que pasaría por evitar a duplicidade de servizos entre as administracións e a homoxeneización de custos en todos os concellos. O primeiro paso será una oferta de acordo no Parlamento entre as tres formacións políticas.

Así o anunciou o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, na rolda de prensa posterior á a xuntanza da permanente da Executiva dos socialistas galegos, na que explicou que o obxectivo desta proposta é “abordar a nova realidade da administración local nun momento no que se están a cuestionar a viabilidade e utilidade de concellos e deputacións”.

“É moi doado abrir o debate e dicir que os concellos son inviables pero hai que analizar por que”, apuntou Vázquez. Para elo, o PSdeG proporá a creación dunha comisión de traballo no Parlamento “que poña enriba da mesa e dea cobertura lexislativa a un acordo sobre a administración local do futuro”.

A proposta dos socialistas galegos pasa por evitar a duplicidade da xestión e do gasto entre as administracións, para o cal o elemento clave sería “unha administración, un servizo”.

“Temos que ser capaces de definir como lle chega ao cidadán un servizo dunha administración e optimizalo”, apuntou Vázquez. Explicou que “se a maior rede de prestación de servizos sociais son os concellos, démoslle esa responsabilidade; e se en medio rural hai unha consellería, que pintan as granxas da deputación”. Puxo como exemplo as granxas da Deputación de Ourense, “onde por cada vaca hai cinco funcionarios coidando non se sabe o que e multiplicando os custos”.

O responsable socialista defendeu tamén a homoxeneización de custos en todos os concellos, e avogou por ir máis alá da proposta para que a Fegamp regule os salarios dos alcaldes “da que o PP ata agora non quixo oír falar”. Considerou que “hai que buscar este fin en vía parlamentaria, con acordos en materia de réxime local”.

Vázquez tamén considerou clave para a viabilidade dos concellos fixar uns criterios obxectivos para a distribución dos fondos da Xunta, “evitando así que a Consellería de Medio Ambiente, por exemplo, reparta a totalidade das súas axudas entre concellos do PP ou que os obradoiros de emprego vaian a parar case no 100 por cen dos casos a concellos gobernados polo PP”.

Na mesma liña, anunciou que os socialistas galegos proporán a simplificación e unificación de servizos da administración autonómica, e pedirán explicacións ao Goberno galego sobre a proposta do anterior Executivo para a supresión das Fundacións Comarcais. “Queremos saber en canto se reduciu, porque se fixeron movementos e moito ruido, pero os custos seguen a ser iguais”.

Blindaxe da sanidade e educación públicas
Os socialistas galegos presentarán ademais unha proposta para “blindar a sanidade e a educación públicas”, despois de que o PP abrise o debate para cuestionar a súa viabilidade. “Iso forma parte do modelo ideolóxico da dereita que goberna Galicia, pero aí nunca van a topar ao PSdeG, porque seguiremos a defender a sanidade e a educación públicas”, sentenciou Vázquez.

Preguntado pola defensa do copago feita por Aznar, Pachi Vázquez lembrou que tamén o Goberno galego (concretamente a Consellería de Facenda) xa introduciu esta posibilidade no financiamento dos servizos públicos. “A dereita ten tomada a decisión de desmantelar o sistema sanitario para privatizalo, porque é onde están os recursos económicos. Primeiro necesitan dicir que o sistema sanitario público non é viable, e logo introducir o copago”, advertiu.

Pachi Vázquez cre que “o PP non só ten a cabeza posta no copago, senón que quere buscar sistemas privados de seguros, porque os conservadores decatáronse de que o negocio está na sanidade e a educación, e pronto veremos como grandes empresas que se dedicaban a construír autovías agora se converterán en xestores sanitarios”.

Por outra parte, anunciou que o vindeiro domingo o ministro do Interior e candidato á presidencia, Alfredo Pérez Rubalcaba, manterá un encontro cos socialistas galegos en Santiago. Avanzou ademais que o luns, o PSdeG presentará ao grupo de traballo que elaborará as propostas que dende Galicia se presentarán na Conferencia Política do PSOE , que terá lugar no mes de setembro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar