O PSdeG propón que o Parlamento presente un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Administración Local

O PSdeG propón que o Parlamento presente un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Administración Local

O PSdeG propón que o Parlamento presente un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Administración Local

Francisco Caamaño desafía a Feijóo a demostrar a súa coherencia apoiando a iniciativa “en defensa do municipalismo e das competencias” de Galicia

O deputado socialista Francisco Caamaño presentou hoxe unha iniciativa para que o Parlamento presente un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de administración local. O responsable socialista desafiou a Feijóo a “demostrar a súa coherencia” apoiando esta iniciativa “en defensa do municipalismo e das competencias de Galicia”.

O deputado socialista dixo que “non se pode mentir nin recorrer a presupostos falaces para reducir a democracia por razóns ideolóxicas” como está facendo o goberno con esta Lei. Instou ao PP a demostrar a súa coherencia coas obxeccións presentadas á norma dende a Federación Galega de Municipios e Provincias –Fegamp-, presidida por este partido, e apoie a proposta socialista no Parlamento.

Dixo que “non se pode dicir unha cousa nas tertulias e votar a contraria no Parlamento”, e instou a Feijóo a que non faga o mesmo que coa Lei contra o Aborto, que a critica nas declaracións pero vota a favor dela no Parlamento galego e en Madrid. Ofreceulle así ao PP “a oportunidade de que poida ser coherente” e defenda aos concellos e á Comunidade Autónoma.

Instou así a presentar un recurso de inconstitucionalidade contra unha Lei que ten “vicios de inconstitucionalidade, parte dunha falsidade de inicio, padece graves defectos técnicos e vulnera o reparto de competencias establecido no Estatuto e a Constitución”. Ademais, sinalou que a doutrina xurídica “coincide en que a Lei vulnera a autonomía local e autonómica”.

Caamaño sinalou que a Lei, tal e como sinala a Fegamp, “da as costas ao municipalismo e ás especificidades de Galicia” e engadiu que “mantén vicios e despraza o municipalismo” ao tempo que vulnera as competencias dos concellos e da Comunidade Autónoma establecidas no Estatuto e a Constitución.

Recentralización

Advertiu que a norma do goberno de Rajoy “inviste o ciclo histórico que sempre foi a prol dunha autonomía dos concellos” como administracións mais eficaces na atención aos cidadáns. Dixo que, lonxe da “segunda descentralización” do PP, esta Lei resta competencias a concellos e comunidades autónomas a prol de Madrid e das deputacións.

Negou ademais que o axuste teña razóns orzamentarias, xa que no momento de presentar a Lei os concellos sumaban unha débeda de 30.000 millóns de euros en todo o Estado, “ridícula en comparación coa das autonomías e o goberno central”. Ademais, 10.000 millóns desta débeda corresponden a Madrid –que sumou 8.000 baixo a alcaldía de Gallardón- e a Valencia, as dúas gobernadas polo PP.

Caamaño criticou que os alcaldes galegos non poidan facer un plan de emprego xuvenil porque teñan que destinar os seus recursos a amortizar a débeda que sumaron os concellos de Madrid e Valencia.

Ademais, lembrou que no ano 2012 os concellos xa contaban cun superávit de 2.000 millóns de euros, mentres Rajoy admitía recentemente que a maioría dos concelleiros non cobran nada. Preguntou “porque quere reducir cargos representativos e democracia si a gran maioría non cobran nada” e si hai superávit, e respondeu que “por razóns ideolóxicas e para recentralizar o Estado”.

Tamén replicou á intención do PP de fusionar os concellos pequenos en entes de entre 25.000 e 50.000 habitantes, que son precisamente os que acumulan a maior parte do déficit, de acordo co último informe do Consello de Contas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar