O PSdeG propón de novo un acordo polo emprego coa participación dos axentes sociais e políticos

O PSdeG propón de novo un acordo polo emprego coa participación dos axentes sociais e políticos

O PSdeG propón de novo un acordo polo emprego coa participación dos axentes sociais e políticos

Pilar Cancela advirte da “irresponsabilidade” de Feijóo por desbotar tódalas propostas de pacto contra “o principal problema dos galegos e das galegas”

Anuncia o inicio dun “expediente de expulsión inmediata” do concelleiro tránsfuga de A Mezquita que secundou a moción de censura contra o alcalde

Critica que o alcalde de A Lama e o presidente da Deputación de Pontevedra amparen ao concelleiro que reside en México e esixe explicacións polas partidas que lle reclama a UE á Deputación de Ourense por irregularidades

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, propuxo hoxe un novo acordo polo emprego coa participación dos axentes sociais e políticos. Logo de coñecer os datos de desemprego que evidencian o fracaso da xestión de Feijóo, a responsable socialista advertiu da “irresponsabilidade” do presidente galego por demostrarse “incapaz de percibir que é o principal problema” dos galegos e das galegas.

Cancela amosou a disposición dos socialistas galegos a “pactar e acordar” para loitar contra o desemprego logo de que o goberno galego se teña revelado como “incapaz de afrontar” a cuestión. Lamentou que o PP teña desbotado xa as propostas de acordo trasladadas polo PSdeG-PSOE nos debates do Estado da Autonomía e dos orzamentos para o ano 2014.

Lamentou que a única resposta do goberno galego sexa negar as súas propias competencias en materia de promoción do emprego, tal e como ten replicado esta mañá o portavoz do PP, Pedro Puy, na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia.

Criticou a negativa do PPdeG a convocar un Pleno Extraordinario solicitado polos socialistas galegos para abordar as políticas da Xunta en materia de emprego, a situación de NGB, a Lei do Aborto, a reforma da Lei de Administración Local ou o incremento da tarifa eléctrica. Asegurou que “non sei que consideran de urxente necesidade como para convocar un Pleno Extraordinario, se estas cuestións non o son”.

Explicou que a xestión de Feijóo á fronte da Xunta levou a Galicia a ter os peores datos de paro de todo o Estado, tan só por enriba de Aragón, cun incremento do 70,74 por cento no número de parados dende que chegou á Xunta. Así, entre 2009 e 2013 Galicia sumou un total de 115.000 novos parados, ata un total de 277.800 desempregados, unha cifra que cualificou de “demoledora”.

A Mezquita

A responsable socialista anunciou hoxe o inicio dun “expediente de expulsión inmediata” do concelleiro de A Mezquita que asinou a moción de censura contra o alcalde do BNG.

En materia de política local, sinalou ademais a contradición de que tanto o alcalde do concello de A Lama, como o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, ámbolos dous membros do PP, amparen ao concelleiro daquel concello que actualmente reside en México, contra o criterio de Feijóo e da dirección deste partido, o que, sinalou, evidencia a falla de autoridade do dirixente “popular”.

Deputación de Ourense

Pilar Cancela confesou “tenrura” pola preocupación amosada recentemente polo PP de cara á provincia de Ourense e aos socialistas galegos cando, lembrou, aínda non ofreceron explicacións polo 1,5 millóns de euros que a Deputación Provincial, presidida polo PP, ten que devolver por irregularidades na xestión de fondos comunitarios, ou os 10 millóns que lle reclama por proxectos medioambientais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar