O PSdeG propón a constitución dunha comisión parlamentaria para estudar a reforma da Lei Electoral

O PSdeG propón a constitución dunha comisión parlamentaria para estudar a reforma da Lei Electoral

O PSdeG propón a constitución dunha comisión parlamentaria para estudar a reforma da Lei Electoral

Méndez Romeu desafía a Feijóo a que demostre a súa vontade de diálogo apoiando a proposta

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, presentou hoxe unha serie de iniciativas para constituír unha Comisión parlamentaria que estude a reforma da Lei Electoral. O responsable socialista desafiou hoxe a Feijóo e ao PP a que demostren a vontade de diálogo que anuncian con esta reforma apoiando a proposta.

Méndez Romeu explicou que a constitución deste órgano será a única vía pola que o PP pode demostrar que os seus anuncios e chamadas ao diálogo son reais e non unha cortiña de fume que agochan a imposición da redución de deputados “si ou si”. Advertiu que do contrario evidenciarán que o seu único obxectivo é o de acadar rédito electoral e facilitar novas maiorías parlamentarias para o seu partido.

O responsable socialista explicou que unha reforma desta envergadura debe ser realizada co consenso previo de tódalas forzas políticas, e o único escenario no que se pode acadar este obxectivo é o debate nunha Comisión específica no Parlamento de Galicia. Ademais, de encetar o órgano agora sería posible iniciar o debate con tempo suficiente para acadar un acordo antes das próximas eleccións autonómicas en 2016.

Méndez Romeu engadiu que “é necesario contar coas contribucións das institucións e dos axentes sociais mais importantes do país, á vez que poder recibir a análises de diversos expertos, que contribuirán a lograr unha futura normativa mais útil e mellor”.

Consenso

Os socialistas galegos sinalan nesta proposta que a posible reforma da Lei electoral de Galicia “non pode ser abordada dende a posición de ningún grupo político en exclusiva, senón que debe obedecer a lograr o maior consenso que sexa posible acadar”. Lembrou que “conforman as regras básicas sobre as que se asenta un piar básico da nosa democracia, como é a representatividade dos membros da nosa Cámara”.

O Grupo Socialista propón que a devandita Comisión analice as modificacións no réxime de inelixibilidades e incompatibilidades, o rexistro de intereses e actividades dos deputados, ou a aplicación de maiorías cualificadas para modificar cuestións básicas da norma. Tamén propoñen debater sobre a asignación de deputados e deputadas por circunscrición electoral e rebaixar a porcentaxe mínima de votos para as candidaturas.

O PSdeG-PSOE reclama abrir o debate sobre a apertura de listas electorais para que a cidadanía poida sinalar preferencias persoais respecto das candidaturas, o tempo de duración da campaña electoral, reformular a conveniencia de determinados gastos subvencionables, garantir a presenza equitativa de homes e mulleres nas listas electorais, a obriga de celebrar debates electorais ou modificar os prazos de escrutinio electoral.

Participación cidadá

Os socialistas galegos reclaman a apertura de novos mecanismos de participación da cidadanía na vida política de Galicia, co obxectivo de “acadar unha permanente colaboración da cidadanía nos temas políticos e na acción do Goberno autonómico, procurando unha Administración mais eficaz, unha valoración constante dos servizos públicos e un diálogo capaz de escoitar as súas preferencias e necesidades”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar