O PSdeG propón a constitución dunha comisión de estudo para consensuar a posición de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento

O PSdeG propón a constitución dunha comisión de estudo para consensuar a posición de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento

O PSdeG propón a constitución dunha comisión de estudo para consensuar a posición de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento

Besteiro lamenta a “absoluta falla de criterio demostrada pola Xunta” diante da convocatoria do Consello de Política Fiscal (CPFF) para finais de abril

“Poden estar en risco diferentes competencias impositivas das comunidades autónomas”, advirte o líder dos socialistas

Os socialistas galegos rexistraron no Parlamento a solicitude de constitución dunha Comisión de Estudo dos ingresos e o sistema de financiamento da Comunidade Autónoma de Galicia. O PSdeG chama a acadar na Cámara unha posición consensuada entre os partidos políticos diante da inminente reforma do modelo de financiamento.

O secretario xeral dos socialistas, José Ramón Gómez Besteiro, advirte da urxencia de acadar unha postura común diante da “absoluta falla de criterio demostrada pola Xunta de Galicia” fronte á apertura do proceso de reforma do sistema de financiamento e da convocatoria do Consello de Política Fiscal e Financeira –CPFF- para finais deste mes.

Besteiro sinala que a constitución deste órgano permitiría coñecer o punto de vista “de toda unha serie de expertos ou axentes das organizacións mais representativas”. Estes axudarían a “conformar os principios e demandas a defender dende Galicia, nunha visión o mais ampla e completa posible” durante a vida dunha Comisión que necesariamente se estendería a un período de tempo “limitado e non demasiado longo”.

O líder dos socialistas sostén que os ingresos desta Comunidade Autónoma serán redefinidos “no actual exercicio 2014”, no que será modificado o actual sistema de financiamento autonómico, “ao que se lle une o anuncio do Goberno central de levar adiante unha profunda reforma fiscal que introducirá cambios relevantes e abarcará mesmo ao eido dos ingresos propios de Galicia”.

Restar competencias

Na solicitude de constitución deste órgano, o PSdeG explica que o informe encargado polo Ministerio de Facenda a un grupo de expertos reflectía a súa intención de restar competencias impositivas ás comunidades autónomas, delimitando en exceso as atribucións dos gobernos autonómicos.

Besteiro lamenta que, fronte a esta expectativa, o Goberno galego eludira responder aos requirimentos dos socialistas galegos para remitirlle ao Parlamento a súa posición sobre o financiamento autonómico. Abriría así “a posibilidade de presentar suxestións ou melloras e acadar unha postura común que lograra o apoio mais amplo posible”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar