O PSdeG, primeiro partido en poñer en marcha o programa para as autonómicas co obxectivo de “cambiar Galicia”

O PSdeG, primeiro partido en poñer en marcha o programa para as autonómicas co obxectivo de “cambiar Galicia”

O PSdeG, primeiro partido en poñer en marcha o programa para as autonómicas co obxectivo de “cambiar Galicia”

Foto Programa 1O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, presentou hoxe en Santiago as áreas de traballo para a elaboración do programa electoral de cara ás eleccións autonómicas, converténdose desta forma o PSdeG no primeiro partido en poñelo en marcha.

Besteiro mantivo a primeira reunión de traballo cos coordinadores das cinco áreas de traballo. En declaracións aos medios de comunicación, falou da importancia de “fixar as prioridades dun proxecto de cambios e reformas para solucionar os problemas dos cidadáns, temos que cambiar Galicia”.

“No comité do pasado domingo falei de dúas prioridades; por un lado, favorecer a gobernabilidade de España cun papel protagonista de Galicia, e por outra parte, comezar a elaborar un programa electoral para as autonómicas centrado nos problemas que temos”, afirmou.

Lara Méndez coordinará a área de Rexeneración Institucional e Calidade Democrática. “A alcaldesa de Lugo ten moita experiencia e na Deputación puxo en marcha os orzamentos participativos, a inclusión das cláusulas sociais nos contratos públicos ou as cambios nas mesas de contratación”, explicou Besteiro.

O actual deputado no Parlamento Abel Losada encargarase da área de Equilibrio Territorial, Demografía e Impulso Ambiental. “O reto demográfico será unha prioridade e Losada coñece perfectamente as necesidades de Galicia”, apuntou o secretario xeral do partido.

Obdulia Taboadela coordinará o grupo de traballo de Cohesión Social e Igualdade, no que entrarán aspectos fundamentais como a educación, a sanidade ou os servizos sociais. “Foi concelleira e subdelegada do goberno, Obdulua Taboadela é un activo moi importante para o partido”, dixo o líder do PSdeG.

Xaquín Fernández Leiceaga coordinará a área de Crecemento Sostible e Emprego de Calidade. “Será unha parte fundamental, Leiceaga ten peso político e académico para aportar respostas para o agro, o mar, a pesca ou o emprego”, manifestou o secretario xeral do PSdeG. A quinta área, da man de Antón Louro, será a de Promoción Cultural e Identidade. “Director xeral de Cultura e delegado do goberno, Louro aportará ideas para que Galicia teña o protagonismo que merece”, engadiu.

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, levará a coordinación xeral do programa e Aitor Bouza aportará as achegas desde Xuventudes Socialistas. Os cidadáns poderán participar no proxecto socialista, achegando as súas ideas e suxerencias na páxina web do PSdeG (http://www.psdeg-psoe.com/participa/propostas/propostas-para-as-eleccions-ao-parlamento-de-galicia/) e tamén a través de Whatsapp (652 237440) e Telegram.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar